O perfil profesional do título de técnico superior en desenvolvemento de aplicacións web determínase pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola relación de cualificacións e, de ser o
caso, unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título.
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar e manter
aplicacións web, con independencia do modelo empregado e utilizando tecnoloxías
específicas, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de accesibilidade, usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.
|