1. Poderá cursar programas de cualificación profesional inicial o alumnado que teña entre dezaseis e dezanove anos cumpridos dentro do ano de inicio do programa, que non obtivera o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e non tivera cursado con anterioridade outro programa de cualificación profesional inicial.
2. Excepcionalmente, o límite inferior de idade poderá reducirse a quince anos para o alumnado que tivera cursado segundo curso de ensino secundario obrigatorio, que non estea en condicións de pasar a terceiro e que xa repetira unha vez na etapa
|