A madeira e os seus derivados

Carballo, pino, eucalipto, acacia,.. contrachapados, aglomerados,.. cortiza, papel...son diferentes variedades de madeiras naturais, artificiais, derivados  tratadas con barnices, lacas, pinturas á auga. . empregadas para construir instrumentos, portas, mesas, armarios,  estruturas e incluso vivendas. 

Este material, empregado polo home dende os albores da humanidade, foi estudado dende a Tecnoloxía en 2º da ESO e 1º de Bacharelato a diferentes niveis e empregado na construción de proxectos. A visita didáctica a FINSA, amosounos o proceso de transformación dende o tronco a unha variedade de productos comerciais: dende mobiliario de cociñas e xardín ata papeis decorativos e impregnados.

Patricia Beade e Carlos Taboada, alumnos de 1º de Bacharelato, realizaron unha presentación recompilando información importante sobre este material: obtención, composición, transformación, aplicacións, impacto ambiental e algún derivado como papel e cortiza.

A madeira



Preme na seguinte ligazón para obter máis información: A madeira

Algunhas cuestións sobre o traballo ou  reflexións sobre o mesmo recóllense a continuación:
1.Cales son os compoñentes principais da madeira?
2.Ordena as fases de obtención da madeira?
a) Secado
b) Tala
c) Transporte
d) Aserrado
3.En que fase de obtención da madeira se dividen os trozos de madeira?
4.Que tipos de secado da madeira diferencias?
5.O secado por bomba de calor, é un proceso artificial?
6.Que derivados da madeira coñeces?
7.Cita 3 tipos de madeiras artificiais
8.Que impacto ten sobre a natureza a deforestación?
9.Busca unha estrutura de madeira no teu entorno
10.Que industrias coñeces na contorna que traballen coa madeira ou a partir dela
11.Busca alomenos 5 obxectos construidos con madeira no instituto/ colexio e intenta indicar con que madeira están fabricados e se teñen función construtiva ou decorativa
12.Que oficios coñeces nos que se traballe coa madeira. Cita exemplos