Incendios nos bosques de Galicia e Cataluña

Realizado polo alumnado do P.D.C. 3º ESO.
Gráficos realizados por Alba Lamas.
Obxectivo: Observar a evolución da superficie queimada ao longo da última década e comparar os dados das dúas autonomías.
Metodoloxía: Busca da información na internet e utilización da folla de cálculo para elaborar os gráficos.

Posibles preguntas para avaliar a comprensión do traballo ou para reflexionar sobre o mesmo:

¿Podemos considerar que Galicia é unha comunidade con pouca zona arbolada?
Os bosques galegos autóctonos ¿son moi abundantes?
¿Cal é a árbore predominante en Galicia?
En Galicia, ¿que zonas arden máis: as arboladas ou as de monte baixo?
¿Como foi a evolución da superficie queimada en Galicia na última década?
¿Que factores cres que inflúen para que haxa tantas diferencias entre diferentes anos?
¿hai moita diferencia entre a superficie queimada en Galicia e en Cataluña?
O clima de Cataluña é máis seco que o de Galicia. ¿Como explicas que arda moito menos superficie en Cataluña?