A árbore como ser vivo
Mural no que se representa de maneira esquemática como se desenvolven as funcións de nutrición, relación e reprodución nas árbores.
Posibles preguntas para avaliar a comprensión do traballo ou para reflexionar sobre o mesmo:
a) A árbore nútrese: que substancias precisa para fabricar o seu alimento?
b) A árbore relaciónase; pon algún exemplo de como responde a un estímulo
c) A reprodución das árbores: o embrión da nova planta atópase dentro da semente; en que parte da flor se desenvolve a semente? De onde proceden os tecidos que forman o froito?
Traballo elaborado por alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato.
