Galicia, pensa en verde

Un percorrido polos principais espazos naturais de Galicia,centrándonos nos bosques.

A expansión da actividade humana e a ocupación de ecosistemas naturais con encoros, vías, portos, recheos, minas... ameazan o noso planeta; o ozono diminúe, o efecto invernadoiro incide no cambio climático e na desertización,...
A nosa conduta pode mellorar os ecosistemas do entorno e, por tanto, tamén a calidade de vida de moitos outros seres vivos.
Desde o IES de Brión queremos contribuir, recordando os principais espazos naturais de Galicia, que ademais de facer da nosa terra un fermoso lugar, contan con multitude de especies únicas que deben ser protexidas e valoradas.

Accede ao blog