A memoria desde a aula de informática

A tarefa realizada polos alumnos de 1º de Bacharelato na materia de Tecnoloxías da infomación e a comunicación, consistiu en facer unha busca de información sobre a evolución dos diferentes compoñentes dos ordenadores (discos duros, ram, bios, dispositivos para almacenamento de información extraíbles, etc…). Unha vez que se tiña a información elaboráronse uns trípticos, que os alumnos realizaron por parellas, con un programa de maquetación : Scribus.

 

En canto o traballo que fixeron os de Informática de 4º ESO, baseouse en abrir un ordenador dos máis antigos, recoñecendo e poñendo nome a cada unha das partes do ordenador con unha pequena definición das mesmas.