Memoria e territorio

BRIÓN: ASÍ FOI, ASÍ É

Os alumnos/as de 3º de ESO levaron a cabo un estudo sobre a evolución da comarca e arredores nas últimas décadas. A actividade, enmarcada no tema de traballo global do instituto, “A Memoria”, foi guiada polo departamento de Bioloxía, no apartado de Memoria e Territorio e polo de Tecnoloxía no apartado Tecnoloxía e Modo de Vida.

A través de entrevistas a familiares e veciños de certa idade, o alumnado recabou información sobre aspectos como a alteración/evolución da paixase coa construción de estradas e vivendas, os cambios na maneira de traballar, os cultivos empregados antes e agora, os primeiros aparellos que funcionaron coa enerxía eléctrica, a evolución da vestimenta, das ferramentas de traballo, dos materiais, da tecnoloxía, etc.

Rematada esta primeira fase do traballo na que se puxo de manifesto a boa memoria dos nosos maiores, e logo dunha posta en común da información recollida, os aspectos máis destacados plasmáronse en presentacións, das cales podedes ver deseguido unha pequena mostra:

A MEMORIA SOBRE BRIÓN