¿Que me van ensinar? Cando remates os teus estudios poderás realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade axustándote a procedementos e tempos establecidos, conseguindo a calidade requirida e en condicións de seguridade.
¿Para que me vou preparar? As funcións básicas que vas desenvolver son o mantemento preventivo (control de niveis, cambio de filtros e aceites...), diagnóstico de avarías e mantemento substitutivo (reparación de avarías e substitución de compoñentes ...).
¿Que titulación obteño? Técnico en electromecánica de vehículos.
|