|
|

|
|
|
Acceso Pódese acceder de forma directa se se cumpren determinadas condicións, ou mediante unha proba para a que se reserva o 20% das prazas.
Condicións de acceso directo Para cursa-los Ciclos Formativos de grao superior requírese cumprir algún dos requisitos seguintes:
|
|
• Posuí-lo título de Bacharelato establecido na Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. • Ter superado o segundo ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.
|
• Ter superado o Curso de Orientación Universitaria ou Preuniversitario. • Posuí-lo título de Técnico Especialista, Técnico Superior ou equivalente para efectos académicos. • Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.
|
|
|
Acceso mediante proba Poden acceder mediante unha proba de acceso as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos 20 anos ou os cumpran no ano en que se realicen as probas. No caso de posuí-lo título de Técnico, para acceder mediante proba a un ciclo de grao superior da mesma familia profesional, o requisito de idade é de 18 anos.
Contidos da proba: adecuaranse ós currículos das correspondentes modalidades de bacharelato previstas na LOXSE. A citada proba constará de dúas partes: • Parte xeral • Parte específica A parte xeral acreditará a madurez en relación cos obxectivos do bacharelato. A parte específica pretende avalia-las capacidades respecto ó campo profesional correspondente. Desta última parte poderán quedar exentas as persoas que acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral en campos profesionais que se correspondan cos estudios que pretenden cursar.
|
 |
 |
 |
|