FAMILIA PROFESIONAL DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA
¿Que me van ensinar? Cando remates os teus estudios poderás, a partir de especificacións técnicas, realizar equipos e instalacións de telefonía e de informática. Poderás coordinar e supervisar a execución e o mantemento de sistemas de telefonía e informáticos. Optimizarás os recursos humanos e os medios dispoñibles, coa calidade requerida, nas condicións de seguridade e de normalización vixentes.
¿Para que me vou preparar? As funcións básicas que vas desenvolver son o tratamento de equipos de telefonía e sistemas informáticos, a súa definición, o seu proxecto, a súa montaxe, a súa instalación, loxística e mantemento.
|
 |
|