¿Que me van ensinar? Cando remates os teus estudios poderás realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, en condicións de calidade e seguridade e nos prazos requiridos.
Tamén poderás obte-la producción en liñas automatizadas coa calidade, cantidade e nos prazos requiridos, coordinando os recursos humanos e mantendo os equipos e sistemas de producción en condicións de fiabilidade e disponibilidade. Realizarás a montaxe de instalación en planta de maquinaria e equipo industrial, realizando o servicio técnico posvenda en condicións de calidade, seguridade e prazos requiridos.
¿Para que me vou preparar? As funcións básicas que vas desenvolver son a execución do mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, producción en procesos automatizados como responsable de liña, integrando as funcións de producción e mantemento, producción de fabricación de maquinaria, realizando montaxe, instalación en planta e asistencia técnica.
¿Que titulación obteño? Técnico en instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas.
|