TITULARES

XESTIÓN ADMINISTRATIVA
EQUIPOS ELECTRÓNICOS DE CONSUMO
SOLDADURA E CALDEIRERÍA
MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO
INST. DE FRÍO, CLIMATIZACIÓN E CALOR
ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS
ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
REGULACIÓN E CONTROL AUTOMÁTICOS
TELECOMUNICACIÓNS E INFORMÁTICOS
ADMINISTRATIVO
AUTOMOCIÓN
ELECTRICIDADE
FOL
ELECTRÓNICA
METAL

Ciclos medios de Formacion Profesional

FAMILIA PROFESIONAL ADMINISTRATIVA   FAMILIA PROFESIONAL DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA 

Xestión administrativa (1300 horas)
 

Equipos electrónicos de consumo (2000 horas)  
FAMILIA PROFESIONAL DE FABRICACIÓN MECÁNICA   FAMILIA PROFESIONAL DE MANTEMENTO E SERVICIOS Á PRODUCCIÓN  

Soldadura e caldeirería (2000 horas)  

Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas (2000 horas)

Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e conducción de calor (2000 horas)
 
FAMILIA PROFESIONAL DE MANTEMENTO DE VEHÍCULOS    

Electromecánica de vehículos (2000 horas)  
 


Acceso
Pódese acceder de forma directa se se cumpren determinadas condicións, ou mediante unha proba para a que se reserva o 20% das prazas.

Condicións de acceso directo
Terá acceso directo ós Ciclos Formativos de grao medio o alumnado que cumpra algún dos requisitos seguintes:

• Posuí-lo título de Graduado en Educación Secundaria.
• Posuí-lo título de Técnico Auxiliar.
• Posuí-lo título de Técnico.
• Ter aprobado o 2º curso de Bacharelato Unificado
Polivalente (BUP).  
• Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo
experimental da reforma das ensinanzas medias.
• Ter superado os cursos do Plan de 1963 das ensinanzas
de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.
• Ter superado outros estudios declarados equivalentes
para efectos académicos con algún dos anteriores. 


Acceso mediante proba
Poden concorrer á proba de acceso ós ciclos formativos de grao medio, aquelas persoas que teñan cumpridos 18 anos ou os cumpran no ano en que se realicen as probas. Non obstante, os que non teñan esta idade poden concorrer ás probas se teñen superado un programa de garantía social.

Contidos da proba
Tomaranse como referencia os vixentes currículos oficiais da Educación Secundaria Obrigatoria e valoraranse os coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento os novos estudios.

Esta proba constará de dúas partes:
• Parte de contidos de tipo sociocultural
• Parte de contidos de carácter científico-tecnolóxico.


Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web