FAMILIA PROFESIONAL DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA
¿Canto dura o ciclo e en que podo traballar? O ciclo dura 2000 horas, é dicir, dous cursos.
Algunhas das profesións que podes desenvolver son:
Técnico reparador de equipos de son
Técnico en instalacións de son
Reparador de receptores de radio, TV e equipos similares
Antenista de radio e TV
Técnico de ordenadores e equipos informáticos
Instalador-montador de equipos telefónicos e telemáticos
Reparador de instalacións telefónicas e reparador de electrodomésticos
Taller de electronica e electricidade
¿Que me van ensinar? Cando remates os teus estudios poderás realizar operacións de instalación e mantemento de equipos electrónicos de consumo, de son e imaxe, microinformáticos e terminais de telecomunicación, realizando o servicio técnico posvenda en condicións de calidade e tempo de resposta axeitados.
¿Para que me vou preparar? As funcións básicas que vas desenvolver son a execución e mantemento de instalacións do ámbito tecnolóxico e o mantemento de equipos electrónicos de consumo.
¿Que titulación obteño? Técnico en equipos electrónicos de consumo.
Distribución horaria Aquí podes ver como se distribúen as horas lectivas do ciclo de equipos electrónicos de consumo
Currículo Vendo o curriculo do ciclo sabes de que materias constan os cursos
Preme sobre as fotos dos talleres para ve-la imaxen ampliada