Dálle á Lingua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
     
Número 26. Decembro 2008
Número 25 abril 08   Número 24 Decembro 2007
Número 23 xuño de 2007 Número 22 decembro 2006 Número 21 xuño 2006
  Número 20 decembro 2005 Número 19 maio 2005 Número de abril 2004  
  Número de decembro 2003 Número de maio 2003 Número de decembro 2002  
     
  Dálle á Lingua é unha publicación periódica do Equipo de Normalización Lingüística do Centro. A súa función consiste, esencialmente, en divulgar a problemática do idioma entre os membros da comunidade educativa e na súa elaboración participa un Consello de Redacción constituído a principios de cada curso. O Consello pretende integrar a representantes de todos os sectores da comunidade educativa, aínda que non sempre é posible. A revista aparece alomenos unha vez ao trimestre, sendo distribuída gratuitamente entre todas e cada unha das persoas que acoden diariamente ao centro (alumnado, profesorado e persoal non docente), garantíndose que chegue a todas as casas.
Un número-tipo de Dálle á Lingua consta de:
- Páxina 1: Noticia central do trimestre e editorial.
- Páxina 2: Noticias do centro (relacionadas especialmente co idioma, aínda que non se rexeitan outras especialmente interesantes segundo o momento).
- Páxina 3: A situación do idioma (as novas sobre a lingua máis transcendentes das acontecidas ao longo do trimestre).
- Páxina 4: "Os toxos e as flores" (parabéns e crítica desapiadada, respectivamente, para dúas iniciativas sobre o idioma), pasatempos, noticias do "peche"...
Nesta sección podes atopar a versión electrónica dos últimos números aparecidos de Dálle á Lingua.
 
 

 

 

Inicio

Oferta Educativa