RSS para
Artigos
Comentarios

Arquivo para a categoría 'Xeral'

VIDEOXOGOS E DEMOCRACIA (2)

Velaí van outras catro contribucións máis:
Autor : Ignacio García Añón
Os videoxogos violentos poden ou non afectar aos adolescentes dependendo da súa educación. A violencia converteuse nun elemento básico da acción nestes xogos, calquera máquina de destrución recibiu a súa version simulada, por exemplo barcos de guerra, avións de guerra, etc. Estes videoxogos teñen unha función […]

Tal e como comentei en clase, pareceume que as contribucións máis persoais e controvertidas ao tema do mes de maio, Os problemas da democracia, foron as relativas á cuestión da posible influencia dos videoxogos. Por esa razón, e previa autorización dos autores e autoras, vou ir inserindo aquí a totalidade dos breves ensaios que foron […]

FALADOIRO DO MES DE MAIO

O faladoiro terá lugar o MÉRCORES DÍA 27 de MAIO, na BIBLIOTECA, das 17 ás 18 h., e versará sobre o tema:
QUE DI A FILOSOFÍA DA POLÍTICA?
Lecturas sobre as que se desenvolverá a tertulia:
Simon Blackburn: La República de Platón. Caps. 6 a 9.
Karl R. Popper: La sociedad abierta y sus enemigos de 1ª Parte, […]

TRABALLO DO MES DE MAIO

A DEMOCRACIA E OS SEUS RETOS
Tendes nacido nun sistema democrático, isto é, un réxime fundado na liberdade dos cidadáns. Pero cómpre que lembredes que, ao longo da historia, a democracia ten sido algo excepcional. Por iso pode afirmarse que a democracia, e con ela as liberdades individuais, son bens historicamente fráxiles que deben ser protexidos […]

FALADOIRO DO MES DE ABRIL

O faladoiro deste mes terá lugar o XOVES DÍA 30 a partir das 18 h, no lugar habitual, a BIBLIOTECA do centro.
O tema, tal como acordamos na última sesión, continuará a ser O AMOR E A FILOSOFÍA.
Como textos a preparar para exponer e debater, volveremos ter a última parte d’O Banquete de Platón, que na […]

TRABALLO PARA O MES DE ABRIL

PARA SEGUIR FALANDO DO AMOR
Para este mes de abril propóñovos continuar co tema do AMOR. Quen teña entregado xa un breve ensaio sobre o tema, non precisa facer un novo agás que voluntariamente así o decida, ampliando os puntos de vista desenvolvidos no traballo anterior. TODOS OS DEMAIS (agás quen estean facendo un proxecto de […]

FALADOIRO PARA O XOVES DÍA 5 DE MARZO

Para evitar distraer en exceso a atención nestes días en que os exames se multiplican, ao estar preto as avaliacións, teremos un único faladoiro máis antes de concluír o trimestre, que terá lugar o xoves día 5 de marzo, das 17 ás 18 horas.
O tema, tal e como foi acordado ao remate do faladoiro de […]

Dadas as dificultades que estou a ter coa aula virtual, reitero aquí a proposta para de traballo para esta fin de trimestre:
O AMOR E A FILOSOFÍA
Seguro que todos e todas sabedes que é iso do amor.
Supoño que a estas alturas xa debedes ter tamén algunha idea sobre en que consiste a filosofía.
O que se vos […]

FALADOIRO MES DE XANEIRO

O faladoiro deste mes terá lugar o xoves día 29 de xaneiro ás 18 h na biblioteca do Instituto.
O tema para o debate será o mesmo da disertación para a II Olimpiada Filosófica
NATUREZA E CULTURA.
QUE NOS FAI SER O QUE SOMOS?

Mais neste caso tomaremos como base as seguintes lecturas, todas de libros aos que se […]

Este xoves día 14 de xaneiro ou o luns día 19, das 17 ás 18,30 h, terá lugar a proba do centro para participar na II Olimpiada Filosófica de Galicia.
A participación nesta proba é obrigatoria para todo o alumnado de 1º de bacharelato e voluntaria para o de 2º.
Calquera alumno ou alumna pode escoller participar […]

« Ant. - Seg. »