RSS para
Artigos
Comentarios

Teatro de Lugo 2015

Durante os días 2, 3 e 4 de marzo celebrarase en Lugo unha nova edición do Festival de teatro grecolatino de Lugo. Este ano ampliouse o festival e celebrarase un día, o 9 de marzo, en Ourense coa representación da comedia latina Miles gloriosus. O programa en Lugo é o seguinte:

Día 2 de marzo, luns

12:00 Edipo Rei de Sófocles, SV Producciones (Madrid)
17:00 Cestiña de Plauto, SV Producciones (Madrid)

Día 3 de marzo, martes

12:00 Antígona de Sófocles, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
17:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

Día 4 de marzo, mércores

12:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

O alumnado do noso centro de 4º T e 4º PDC de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato asistirán o luns, dia 2 de marzo, as dúas representacións de teatro: pola mañá á traxedia Edipo Rei de Sófocles e pola tarde á comedia latina “Cestiña” de Plauto, representadas polo grupo SV Producciones de Madrid.

Teatro de Lugo 2014

Durante os días 24, 25,e 26 de marzo celebrouse en Lugo unha nova edición do Festival de teatro grecolatino de Lugo. Este ano foron 42 alumnos e alumnas do noso centro, que son de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Asistiron o mércores, dia 26 de marzo, a dúas representacións de teatro grego: pola mañá á traxedia As Troianas de Eurípides e pola tarde á comedia “Asamblea de mulleres” de Aristófanes, representadas polo grupo El Ruiseñor de A Coruña.

Acompañaron aos seus alumnos as profesoras Rosa Lodeiro, profesora de Lingua Española, Eva Vilariño, profesora de Latín, e Maite Miñambres profesora de Grego.

O dia 3 de febreiro comezou a IX edición do concurso de Cultura Clásica Odisea. Participaron nesta edición: Galicia, Valencia, Cataluña, Aragón e Valladolid. A primeira fase local tivo lugar os días 3-6 de febreiro de 2014, e os días elixidos para o desempate local e e a fase estatal foron o 12 e 19 de febreiro, respectivamente.
Nesta ocasión as preguntas tiveron como tema “O teatro en Grecia e Roma”. Este curso participaron no noso centro 8 equipos de 4º de ESO, 2 de 1º de Bacharelato e 2 de 2º de Bacharelato. Un equipo de 1º de Bacharelato pasou ao preguntón de desmpate e quedaron no 2º posto da clasificación final de Galicia. Noraboa a Paula, Ana e Ainoa!

UNHA NOVA EDICIÓN DA ODISEA, CONCURSO EN LIÑA DE CULTURA CLÁSICA

Un ano máis comeza a nosa viaxe da Odisea. O día 5 de febreiro os nosos alumnos e alumnas de grego do centro participarán no concurso. O tema elixido esta vez é: “A educación no mundo grecorromano”.

Nesta edición participarán as seccións da SEEC de Valencia-Castellón e de Alacant, a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya (APLEC), e as seccións da SEEC de Aragón e Valladolid, esta última

participando por primeira vez (Aragón xa o fixera no 2011).
odisea_2013_blogs2.jpg

el-asno.jpg

Para ler os libros 4-6 de “EL ASNO DE ORO”  de Apuleyo ide á seguinte web:

http ://www.tusbuenoslibros.com/resumenes/el_asno_de_oro_lucio_apuleyo.pdf.

Mañá comeza unha nova edición do concurso de Cultura Clásica ODISEA, a VII para Galicia, a V para a Comunidade Valenciana, e a I para Catalunya. Serán un total de 2.397 alumnos, distribuídos en 801 equipos, pertencentes a 161 Centros, repartidos pola xeografía das 3 Comunidades.

Bátense este ano todos os récords de participación, tanto de equipos como de alumnos e centros, en boa medida gracias á extraordinaria acollida do concurso en Catalunya. Unha mágoa a ausencia de Aragón, debido, como non, a problemas de financiamento por parte das autoridades educativas.

Sorte a todos os equipos participantes! Podedes seguir o concurso en directo en Twitter : nesta fonte de Twitter

 

En Catalunya participan 77 Institutos con 765 alumnos en 309 equipos; na Comunidade Valenciana 44 Institutos con 711 alumnos en 255 equipos e en Galicia participan  40 Institutos con 911 alumnos en 237 equipos.

Participantes na ODISEA 2012

Siete son os equipos do IES Eduardo Pondal que van participar na VII edición do Concurso de cultura Clásica ”en liña ODISEA 2012:

  • As Comecocos de 1º C, formado por Ana López e Noelia Boga                                       

  • Galápagos de 1º C, formado por Lucia Cornado e Julia Teijeiro

  • Las Sofías  de 1º C, formado por Lucía Jorge Y Raquel Santamaría

  • Rápsodos de 1º C, formado por Rubén Domínguez e Xacob Rivas

  • Ya sas kai andio sas de ,1º C, formado por Yamila Benítez e Felipe Morán

  • Nike de 1º C, formado por Alba Pereiro e Gabriel Dono

  • Los Tritones de 2º C, formado por Paola Folgar e Manuel Paradela

O concurso comeza o próximo luns 6 con tres preguntas sobre mitoloxía grega e romana, o martes sairán otras tres preguntas sobre a vida cotía en Grecia e Roma e o mércores versarán sobre historia e institucións. O xoves celebrarase o preguntón que farán os alumnos e alumnas na Biblioteca durante toda a mañá.

ODISEA 2012

logo_odisea_mov3.gif

COMEZA A VII EDICIÓN DA ODISEA, CONCURSO EN LIÑA DE CULTURA CLÁSICA

Un ano máis comeza a nosa viaxe da Odisea. O día 11 de xaneiro abriuse o prazo para a inscrición dos equipos que participarán.  Aqui tedes a ligazón para que poidades ver as bases e o calendario do concurso. O concurso comezará o día 6 de febreiro. O tema elixido esta vez é: “As viaxes no Mundo grego e romano”

Este ano incorpórase  Catalunya, de man da Asociación do profesorado de Linguas Clásicas, Aplec.

 

 

 

odisea_20112.jpg

Está á volta da esquina unha  nova edición  do concurso on  line de cultura clásica  Odisea.   Xa hai 4 equipos inscritos no noso centro. O día 31 de xaneiro saen as tres primeiras preguntas que versarán sobre mitoloxía grecorromana e despois, nos seguintes días, de vida cotiá, de Historia e institucións e o día 3 de febreiro será o día grande, o día do “preguntón”. Ánimo e a participar como vides facendo dende hai 6 anos con resultados magníficos! cliquea aquí e entrarás no concurso cando comece.

parodos.jpg

 Pronto unha nova edición de teatro grecolatino en Lugo! Este curso 2010-11, o día 14 de marzo pola mañá, asistiremosen Lugo  á representación da obra de Sófocles Edipo Rei, interpretada polo Grupo S.V. Produciones de Madrid (Directora: Susana Verdú). Pola tarde visitaremos o castro de Viladonga, próximo á cidade de Lugo.

Seg. »