Durante os días 2, 3 e 4 de marzo celebrarase en Lugo unha nova edición do Festival de teatro grecolatino de Lugo. Este ano ampliouse o festival e celebrarase un día, o 9 de marzo, en Ourense coa representación da comedia latina Miles gloriosus. O programa en Lugo é o seguinte:
Día 2 de marzo, luns
12:00 Edipo Rei de Sófocles, SV Producciones (Madrid)
17:00 Cestiña de Plauto, SV Producciones (Madrid)
Día 3 de marzo, martes
12:00 Antígona de Sófocles, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
17:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
Día 4 de marzo, mércores
12:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
O alumnado do noso centro de 4º T e 4º PDC de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato asistirán o luns, dia 2 de marzo, as dúas representacións de teatro: pola mañá á traxedia Edipo Rei de Sófocles e pola tarde á comedia latina “Cestiña” de Plauto, representadas polo grupo SV Producciones de Madrid.
Arquivado en Cultura Clásica, Teatro, Actividades extraescolares, actividades complementarias | Comments Off
Durante os días 24, 25,e 26 de marzo celebrouse en Lugo unha nova edición do Festival de teatro grecolatino de Lugo. Este ano foron 42 alumnos e alumnas do noso centro, que son de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Asistiron o mércores, dia 26 de marzo, a dúas representacións de teatro grego: pola mañá á traxedia As Troianas de Eurípides e pola tarde á comedia “Asamblea de mulleres” de Aristófanes, representadas polo grupo El Ruiseñor de A Coruña.
Acompañaron aos seus alumnos as profesoras Rosa Lodeiro, profesora de Lingua Española, Eva Vilariño, profesora de Latín, e Maite Miñambres profesora de Grego.
Arquivado en Teatro, actividades complementarias | Comments Off
O dia 3 de febreiro comezou a IX edición do concurso de Cultura Clásica Odisea. Participaron nesta edición: Galicia, Valencia, Cataluña, Aragón e Valladolid. A primeira fase local tivo lugar os días 3-6 de febreiro de 2014, e os días elixidos para o desempate local e e a fase estatal foron o 12 e 19 de febreiro, respectivamente.
Nesta ocasión as preguntas tiveron como tema “O teatro en Grecia e Roma”. Este curso participaron no noso centro 8 equipos de 4º de ESO, 2 de 1º de Bacharelato e 2 de 2º de Bacharelato. Un equipo de 1º de Bacharelato pasou ao preguntón de desmpate e quedaron no 2º posto da clasificación final de Galicia. Noraboa a Paula, Ana e Ainoa!
Arquivado en Concursos, Teatro, actividades complementarias | Comments Off
UNHA NOVA EDICIÓN DA ODISEA, CONCURSO EN LIÑA DE CULTURA CLÁSICA
Un ano máis comeza a nosa viaxe da Odisea. O día 5 de febreiro os nosos alumnos e alumnas de grego do centro participarán no concurso. O tema elixido esta vez é: “A educación no mundo grecorromano”.
Nesta edición participarán as seccións da SEEC de Valencia-Castellón e de Alacant, a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya (APLEC), e as seccións da SEEC de Aragón e Valladolid, esta última
participando por primeira vez (Aragón xa o fixera no 2011).

Arquivado en Grego, Concursos, actividades complementarias | Comments Off
Arquivado en Cultura Clásica, Grego | Comments Off
Mañá comeza unha nova edición do concurso de Cultura Clásica ODISEA, a VII para Galicia, a V para a Comunidade Valenciana, e a I para Catalunya. Serán un total de 2.397 alumnos, distribuídos en 801 equipos, pertencentes a 161 Centros, repartidos pola xeografía das 3 Comunidades.
Bátense este ano todos os récords de participación, tanto de equipos como de alumnos e centros, en boa medida gracias á extraordinaria acollida do concurso en Catalunya. Unha mágoa a ausencia de Aragón, debido, como non, a problemas de financiamento por parte das autoridades educativas.
Sorte a todos os equipos participantes! Podedes seguir o concurso en directo en Twitter : nesta fonte de Twitter
En Catalunya participan 77 Institutos con 765 alumnos en 309 equipos; na Comunidade Valenciana 44 Institutos con 711 alumnos en 255 equipos e en Galicia participan 40 Institutos con 911 alumnos en 237 equipos.
Arquivado en Cultura Clásica, Concursos, actividades complementarias | Comments Off
Siete son os equipos do IES Eduardo Pondal que van participar na VII edición do Concurso de cultura Clásica ”en liña ODISEA 2012:
-
As Comecocos de 1º C, formado por Ana López e Noelia Boga
-
Galápagos de 1º C, formado por Lucia Cornado e Julia Teijeiro
-
Las Sofías de 1º C, formado por Lucía Jorge Y Raquel Santamaría
-
Rápsodos de 1º C, formado por Rubén Domínguez e Xacob Rivas
-
Ya sas kai andio sas de ,1º C, formado por Yamila Benítez e Felipe Morán
-
Nike de 1º C, formado por Alba Pereiro e Gabriel Dono
-
Los Tritones de 2º C, formado por Paola Folgar e Manuel Paradela
O concurso comeza o próximo luns 6 con tres preguntas sobre mitoloxía grega e romana, o martes sairán otras tres preguntas sobre a vida cotía en Grecia e Roma e o mércores versarán sobre historia e institucións. O xoves celebrarase o preguntón que farán os alumnos e alumnas na Biblioteca durante toda a mañá.
Arquivado en Cultura Clásica, Concursos, actividades complementarias | Comments Off

COMEZA A VII EDICIÓN DA ODISEA, CONCURSO EN LIÑA DE CULTURA CLÁSICA
Un ano máis comeza a nosa viaxe da Odisea. O día 11 de xaneiro abriuse o prazo para a inscrición dos equipos que participarán. Aqui tedes a ligazón para que poidades ver as bases e o calendario do concurso. O concurso comezará o día 6 de febreiro. O tema elixido esta vez é: “As viaxes no Mundo grego e romano”
Este ano incorpórase Catalunya, de man da Asociación do profesorado de Linguas Clásicas, Aplec.
Arquivado en Cultura Clásica, Concursos, actividades complementarias | 0 comentarios »

Está á volta da esquina unha nova edición do concurso on line de cultura clásica Odisea. Xa hai 4 equipos inscritos no noso centro. O día 31 de xaneiro saen as tres primeiras preguntas que versarán sobre mitoloxía grecorromana e despois, nos seguintes días, de vida cotiá, de Historia e institucións e o día 3 de febreiro será o día grande, o día do “preguntón”. Ánimo e a participar como vides facendo dende hai 6 anos con resultados magníficos! cliquea aquí e entrarás no concurso cando comece.
Arquivado en Cultura Clásica, Concursos, actividades complementarias | 0 comentarios »

Pronto unha nova edición de teatro grecolatino en Lugo! Este curso 2010-11, o día 14 de marzo pola mañá, asistiremosen Lugo á representación da obra de Sófocles Edipo Rei, interpretada polo Grupo S.V. Produciones de Madrid (Directora: Susana Verdú). Pola tarde visitaremos o castro de Viladonga, próximo á cidade de Lugo.
Arquivado en Teatro, actividades complementarias | 0 comentarios »