ACTIVIDADES CULTURAIS
Ó longo da historia do Instituto téñense organizado numerosas actividades culturais.
Conferencias:
No centro disertaron moitas personalidades importantes: Dámaso Alonso, Álvaro Cunqueiro, Lafuente Ferrari, Uxío Novoneira, Fiz Vergara Vilariño, Daniel Cortezón, Suso de Toro, etc.
Teatro:
Ten habido representacións de alumnos e profesores do centro e tamén de importantes grupos de fóra, como pode ser o Centro Dramático Galego ou Kukas.
Exposicións:
Ademais de exposicións máis ou menos habituais nos centros de ensino (carteis, pegatinas, ...), organizáronse outras máis innovadoras como poden ser a de fotografías antigas, publicacións galegas no estranxeiro, prensa de todo o mundo, revistas en galego, etc.
Excursións
Realízanse habitualmente excursións programadas polos distintos Departamentos.
Entre o 20 e o 25 de maio do 2002 varios alumnos e alumnas participaron en Las Palmas no I Congreso de Jóvenes Lectores lendo e comentando obras de autores canarios; dámosvos unha mostra do seu traballo a través dos seus protagonistas:
Leticia Castelao Peláez e Concepción López Seijas de 1º BAC de Educación Permanente de Adultos, co libro de Armas Marcelo El árbol del bien y del mal.
Lucía Iravedra García e Lorena García García que traballaron Así en La Habana como en el cielo, de Armas Marcelo.
Antonia Gamallo López e Diego Rodríguez Paz que traballaron Las espiritistas de Telde, de Luis León Barreto.
Encarnación López Morado e Yéssica Pico Castosa que traballaron a obra Océano, de Alberto Vázquez Figueroa.
Os días 23, 24, 25 e 30 de abril de 2003, o alumnado de ESO realizou unha serie de saídas para coñecer o Ribadeo antigo. O material que serviu de guión desta visita, elaborado polo departamento de Lingua e Literatura castelá, o tedes premendo o seguinte enlace: Paseo polo casco antigo de Ribadeo.
Recitais
No centro ten habido numerosos recitais; algúns a cargo de persoas de fóra e outros realizados polos propios alumnos.
Publicacións e traballos
Revista
Elaboración de mapas
Cadernos de investigación:
| Os nomes das rúas de Ribadeo | |
| Ánxel Fole e Ribadeo | |
| Autores ribadenses en lingua galega. |
Competicións deportivas