CURSO 2001 - 2002

                                      

I Congreso de Jóvenes Lectores

Celebrado en Las Palmas de Gran Canaria entre os días 20 ó 25 de maio de 2002. 

O que se pretendía era extraer unha imaxe das illas Canarias a partir do relato dun libro dun autor canario; 15 provincias da península foron elixidas e entre elas Lugo coa nosa representación; 3 grupos-libro foron considerados entre os mellores, e de seguido adxuntamos os textos e as fotos para que compartades os momentos más especiais:

 · JJ Armas Marcelo e o seu libro El árbol del bien y del mal, que traballaron Leticia Castelao Peláez e Concepción López Seijas do 1º curso de BAC de Educación Permanente de Adultos (EPA); ou Así en La Habana como en el cielo, que traballaron Lucía Iravedra García e Lorena García García. 

· Luis León Barreto coa súa obra Las espiritistas de Telde, que traballaron Antonia Gamallo López e Diego Rodríguez Paz.

 · Alberto Vázquez Figueroa, coa obra Océano, que traballaron Encarnación López Morado e Yéssica Pico Castosa.

 

 Temos algunhas NOVIDADES GRÁFICAS: as esperadas fotos do tour que os elixidos deste I Congreso realizaron nas illas Canarias. Pasen, vean e critiquen .....

 

Res varia

 Noutra orde de cousas algúns decidiron traballar tamén as facetas do cómic e mostrar e demostrar que o serio é o contrario de aburrido e non está reñido con ningunha faceta da intelxicencia e a creatividade humana. Así, filtraron os álbumes de Astérix na busca de expresións latinas que convertiron ó galego, francés, inglés e alemán. Pode haber erros, naturalmente, xa que aínda nos queda por revisar moitas cousas, pero o xefe do departamento de filosofía estaba tan ilusionado co traballo que non tivemos máis remedio que asignarlle un espacio virtual inmediatamente e deixar as posibles rectificacións para despóis das probas de contidos (Vulg. exames).

 Resumindo: para os que sempre lles gustou Astérix, para os que sempre miraron cun sorriso á historia, para os que sinten curiosidade por outras linguas, para os que lles gustan os guiños intelectuais, para os que lles gusten a ironía, o sarcasmo, o traballo aparentemente fácil e sobre todo para os que lles guste pasar un rato mentalmente agradable, entrade no estudio de Antonia Gamallo López e Diego Rodríguez Paz: Los latinismos de Astérix (é longo e costoso de baixar e temos que mellorar a estética de presentación que perdeuse no camiño ó ciberespacio, pero paga a pena botarlle unha ollada). 

Tamén andivemos polos ceos co alumnado da optativa de Filosofía da Cc. e da Tecnoloxía de 2º curso de BAC de Educación Permanente de Adultos (EPA), e froito desta preocupación sideral foron os seguintes traballos, que nin pretenden ser orixinais, nin aportar ningunha novidade ó tema do Universo, só mostrar como se pode equilibrar o estudio e o divertimento cun mínimo esforzo.

Se tedes forza aínda logo destes paseos escritos de aguantar os títulos de crédito, dirémosvos que como profesores estamos orgullosos dos traballos realizados, e intentaremos aproveitar este espacio virtual para dar publicidade ó esforzo e á boa vontade con que o noso alumnado afronta o seu día a día educativo, prescindindo da pompa e boato (charanga e pandereta, panem et circenses) tan característica de moitas obras boas, mediocres e malas, que algúns louban ás veces con menos razóns. Certo que o labor do profesorado é unha semente lenta que fructifica cando xa temos esquecido a súa orixe, pero a nosa razón última non debe estar nos contidos senón na formación de persoas, de futuros cidadáns. Con ese espírito visitade as nosas páxinas e sempre atoparedes algo no que pensar.

VOLVER

VOLVER A PORTADA FILOSOFIA