HISTORIAS DO LABIRINTO
 
 
---Xa dixemos no primeiro Boletín que unha biblioteca é como un labirinto porque se non dispuxésemos do noso fío condutor moito teríamos que pregar á deusa Fortuna para atopar un libro nos andeis.
---Pero a historia dese sitio tan enguedellado -co senlleiro Minotauro, o heroe Teseo, a namorada Ariadna, o enxeñoso Dédalo e outros cantos personaxes-, malia ser máis ca vella vedraña, mantense admirablemente xuvenil e sempre ben disposta a emprender novas andainas por túneles descoñecidos e inexploradas galerías. Hai unha morea de séculos que a xente non se farta de contala. E tamén de interpretala de moi variados xeitos, porque a do Labirinto demostrou ser unha historia xeradora de moitas outras.
---Se queres ler algunhas delas, o punteiro do rato axudarache a atopalas na imaxe de abaixo.
 
 
 
Borges por Fernando VicenteCarlos Casares por Santy GutiérrezX.L. Méndez Ferrín por Suso Sanmartín
Cortázar por Tullio PericoliTabucchi por Tullio Pericoli
Suso de ToroIan Stewart por C. R. MéndezPublio Ovidio Nasón
Atrás
Traballo realizado por Lucía Puentes Vázquez
Imaxe: recreación de Relatividade de M. C. Escher por C. R. Méndez