![]()
|
Comezan a tarde do venres anterior ó domingo de carnaval, cando os nenos e nenas da aldea van ás casas que teñen buxos e, co permiso dos donos, cortan ramiñas para adornar o adro. Cando anoitece os mozos van buscar as varas para construír o armazón dos elementos decorativos que se queren utilizar. Ó rematar esta tarefa, arredor da unha e media ou dúas do mediodía, diríxense á un dos bares do lugar, onde se encargaron chandarmes con pan e outros pinchos e convídase ós participantes nos traballos para recompensalos e agradecelos. O sábado pola mañá faise o adro. Normalmente fano máis mozos da aldea ata conseguir un lugar axeitado e decorado para a actuación dos gaiteiros polo día. Segundo moitas opinións o adro de Nerga sempre é o mellor realizado, porque presenta unha estructura moi resistente, non é moi difícil subir nel e a estética é de moi bo gusto. O carnaval propiamente dito comeza o domingo do carnaval coa chegada dos gaiteiros a Nerga arredor das cinco da tarde procedentes da Cruz do Castro, diríxense ó adro adornado e tocan unhas cantas pezas. Despois, sobre as oito da tarde aproximadamente, percorren os tres bares do lugar tocando un pouco en cada un.
Con todas estas actividades
chegan as nove ou nove e media da tarde e é cando os presidentes e os
gaiteiros van merendar. Rematada a merenda polas dez e media, os gaiteiros
achéganse ó baixo preparado para a festa nocturna, onde toca O luns a comparsa márchase de Nerga coas bandeiras e o estandarte. O de Nerga é o máis bonito, porque mentres que todos son brancos e levan a lenda: VIVA A XUVENTUDE DE (nome da aldea), o de Nerga leva debuxado á man dous vellos borrachos bebendo e un deles di, referíndose ó viño tinto, PERDOÁMOSCHE O MAL QUE NOS FAS POLO BEN QUE NOS SABES. A hora de saída de Nerga ven sendo ás nove, aínda que o horario non é estricto, e a comparsa vai esperar á que ven de Donón na Cruz do Castro. A partir de aquí seguen as dúas comparsas xuntas ata o Igrexario do Hío, onde se reúnen coas de Vilanova, Pinténs e Igrexario. As cinco xuntas a partir deste lugar collen o camiño do Viso para unirse á comparsa de Liméns e dirixirse logo a Vilariño, lugar no que xa está preparada a comparsa homónima, que da o paso das outras ata o adro. Xa no adro os gaiteiros de cada unha das comparsas, seguindo unha orde establecida de antemán, toca dúas pezas musicais que serven para que os integrantes desa comparsa bailen utilizando un esquema moi particular: unha parte deles fan un círculo andando e dando palmas arredor dos que bailan xotas e muiñeiras no medio. A continuación, cando todas as comparsas repiten esta escenificación, vanse a un bar próximo e alí bébese viño tinto e os gaiteiros de dúas ou tres comparsas conxuntamente tocan para que a xente baile sen parar ata que se canse. Máis tarde, pero ó longo da mañá, as comparsas reúnense de novo e diríxense ó Igrexario da parroquia, no que se repiten máis ou menos os mesmos actos anteriores e onde se come. Normalmente a xente participante trae a comida da casa ou come no bar onde está a comparsa da súa aldea. A comida ten como protagonistas principais as chulas, filloas, orellas e bandullos, amén doutras viandas acompañantes. Arredor das tres e media da tarde as comparsas márchanse para a súa aldea. A de Nerga, que é a que seguimos máis intensamente, fai un camiño menos dereito cas outras e vai a Pinténs, baila un pouco no Adro e para un pouco nun bar do lugar para refrescar as gorxas, a mesma solemnidade repítese na parada de Vilanova antes de chegar á Nerga, onde se toca no adro ata que chega a hora de merendar. Pola noite séguese o mesmo programa do domingo. Durante o baile fanse todo tipo de bromas e prodúcense situacións verdadeiramente cómicas. Todo isto ó amparo das caras disfrazadas con caretas que impiden a identificación das persoas. O martes vólvese facer o percorrido recollendo as comparsas ata Liméns, onde se toca no adro e despois no de Nerga. Aquí cómese e despois pártese para Donón. Neste lugar é onde se fai máis festa, porque é no último lugar do carnaval no que se toca fora e ademais a comparsa de Nerga baila no último lugar. Ó remate do baile vólvese para a aldea e faise todo coma o día anterior, aínda que gastando todas as enerxías que poidan quedar pola noite, por que é a ultima xornada e se hai sorte regálanse filloas e orellas caseiras pola festa. Sobre as sete ou sete e media da mañá finalízase co chocolate con biscoitos ou churros nun dos bares da aldea. Se sobran cartos das xornadas grandes o venres, sábado e domingo de piñata faise de novo carnaval, repartindo refrescos e viño tinto ou chocolate e churros. |