![]()
|
As letras das cantigas falan de pasalo ben durante estas datas, de comer, beber. Describen bromas ou casos pintorescos ocorridos na aldea ou nos arredores dela os veciños ou familiares, de actuacións e críticas de caracter político ou social dentro do ámbito da aldea, parroquia ou concello pero relacionándoos, en moitas ocasións, con acontecementos do horizonte nacional ou internacional, ós que se trata con sentido irónico e crítico. As letras destas cantigas procede de épocas antigas pero tamén as hai de nova creación para adaptalas ós acontecementos da actualidade. Acompáñanse de música de gaita, tambor, pandereita e bombo. As cantigas non se improvisan ou se inventan sobre a marcha, senón que son o producto do inxenio dun veciño ou grupo de veciños da aldea. Recollemos algunhas destas letras utilizadas na parroquia do Hío, concretamente no lugar de Nerga:
Aí ven Alfonso da herba, lalalalá, lalalalalalalá; aí ven Alfonso da herba, lalalalá, lalalalá. (Bis) Quen teña o viño, quen teña o viño, quen teña o viño que me dea un pouquiño. (Bis) (Bis todo)
Somos de Nerga, de Nerga somos y nos queremos como hermanos. Todos pa= uno, uno pa= todos y si hace falta nos emborrachamos.
Ai corazón me lastima tu latir, corazón, por qué te empeñas en hacerme sufrir?
La culpa de que llueva noche y día, María, María, la culpa de que llueva noche y día, María, la tienes tú. Pero yo (que caray! sembraré mi trigal, para ella mi cariño y nada más. Pero yo (que caray! sembraré mi trigal, para ella mi cariño y nada más. La culpa de que me corten el pelo, barbero, barbero, la culpa de que me corten el pelo, barbero, la tienes tú. Pero yo (que caray! sembraré mi trigal, para ella mi cariño y nada más. Pero yo (que caray! sembraré mi trigal, para ella mi cariño y nada más.
E peras e peras e mazás, ameixas e uvas, pomelos e demais.
Señores bailen la conga, la conga del carnaval. (Bis) Aí ven teu pai, aí ven teu pai, aí ven teu pai e túa nai. Aí ven teu pai, aí ven teu pai, aí ven teu pai e túa nai.
Ai, ai Filomena, quen fora coma ti, ai, ai Filomena, quen fora coma ti. Coméchelos... coméchelos sen pan... |