![]()
|
Os disfraces son de moitos tipos diferentes e de moitos e distintos materiais. Pódese afirmar que a xente se viste con moita creatividade e picardía, tratando de ironizar ou ridiculizar persoas, situacións ou institucións, poñéndoas do revés e esaxerándoas.
A maioría dos traxes e disfraces son producto da confección dunha familiar mañosa e apañada, que recollendo restos doutras confeccións máis serias ou de prendas usadas, consigue simpáticas creacións que espertan a admiración ou a risa nos desfiles. É pouco corrente a presencia de disfraces de confección industrial, aínda que tamén pode darse o caso.
A presencia do disfrace é máis
abundante o luns e o martes de carnaval, mentres que o domingo diminúe.
Poderiamos dicir tamén que o domingo se disfrazan máis nenos e nenas. No Hío cada persoa ten liberdade para disfrazarse do que lle apeteza, non existen disfraces impostos por comparsas, pero moitas veces fanse grupos de amigos e amigas que elixen a utilización dun disfrace colectivo que favorece as escenificacións.
|