A.N.P.A.
A ANPA “PIÑEIRAL DO REI”, constituíse no ano 1986, cando o “Monte Carrasco” aínda era un centro de Educación Infantil e Primaria.
Entre as súas finalidades aparecen:
• Promover a participación dos pais / nais na xestión do centro
• Colaborar coa labor educativa do centro
• Orientar e estimular os pais / nais /titores legais respecto das obrigas en relación coa educación dos seus fillos/as.
• Desenvolver programas de educación familiar para proporcionar aos pais / nais coñecementos e orientación relacionadas coa función educadora.
• Relacionarse e colaborar con outras asociacións similares para a consecución de fins comúns
A nosa asociación forma parte da Federación de Asociación de Pais e Nais “A Gameliña” de Cangas.