Biblioteca
Este curso a Biblioteca do IES “Monte Carrasco” está en obras, pero non estamos parados.
Estamos a traballar para que teñamos o máis axiña posible unha biblioteca mellor para todos.
Pero, mentres tanto,…
Podedes levar un anaquiño da nosa biblioteca a casa, coas Maletas Viaxeiras.
Ou tamén podes participar no noso Club de Lectura “O Faladoiro”.
Este curso os profesores que se ocupan da Biblioteca son:
Miguel Cameselle
Antonio García
Xaquín Pastoriza
Tamén contamos cunha Comisión da Biblioteca que se ocupa de propoñer actividades, melloras,... para a biblioteca.Está formada por:
Miguel Cameselle (Secretario)
Xaquín Pastoriza (representante profesorado)
Begoña Otero (directora)
Laura Olivera (representante alumnado)
Álida Lampón (representante pais / nais)