Actividades
ACTIVIDADES QUE DESENVOLVE A ASOCIACIÓN
-
Participación no Magosto: castañas e bebidas para o alumnado do centro.
-
Participación no Entroido: chocolatada para o alumnado do centro.
- Xornada de Convivencia: a finais de curso, xunto co Claustro de profesores, organizamos unha Xornada de Convivencia, na área recreativa próxima ao centro, “O Balcón do Rei”.
- Colaboración económica na Viaxe de Fin de Etapa, para o alumnado de 4º ESO.
- A Xunta Directiva reúnese periodicamente coa dirección do centro para abordar asuntos de interese. Tamén a ANPA está representada nos órganos de participación do Centro: Consello Escolar, Comisión Económica, Observatorio de Convivencia, Comisión de Biblioteca,…