Maletas Viaxeiras
- As “Maletas Viaxeiras” están cheas de material da biblioteca: libros, cómics, revistas, DVDs, CDs,…
- Cada quince días a Maleta viaxará á casa dun alumno do grupo, para compartir en familia todo ese material.
- Antes de devolvela, a familia pode expresar a súas opinións, valoracións, suxestións,… no caderniño que está dentro da maleta. Isto axudaranos a mellorar.
- Cada grupo-clase ten un maleta, con material adaptado ao curso.
- O profesor Xaquín é o encargado de organizar todas as viaxes destas maletas.