Cartas de inverno

Cartas de inverno. Agustín Fernández Paz

Xabier acaba de mercar unha casa que segundo din, está enmeigada, pero a el iso parécenlle contos de vellas.

Cando algúns aparellos electrónicos se poñen a funcionar sen que el teña nada que ver, cando as imaxes dalgúns cadros cambian de posición, cando empeza a oír voces que non recoñece como de ninguén de carne e óso..., entón comeza a preocuparse e a enviarlle cartas ó seu amigo Adrián para compartir con el os seus receos. Pero Adrián está de viaxe e non recibirá as cartas ata que tal vez xa sexa demasiado tarde para atopar unha explicación ó misterio.