mínimos esixibles
1º ESO:
- Ler comprensivamente textos informáticos e comunicar a información obtida oralmente e por escrito.
- Localizar lugares e espazos nun mapa e interpretar a lenda do mesmo para obter informacións.
- Identificar os trazos físicos principais do planeta, de España e de Galicia, e localizalos no mapa: continentes, océanos, montañas e ríos do mundo; montañas, ríos de España e de Galicia.
- Utilizar as coordenadas xeográficas para facer localizacións no globo terráqueo e máis nos mapas.
- Saber calcular distancias empregando as escalas dos mapas.
- Interpretar a paisaxe do contorno, recoñecendo os trazos físicos, recursos e formas de asentamento.
-Recoñecer os trazos característicos das sociedades prehistóricas diferenciando os cambios producidos pola Revolución Neolítica.
- Coñecer e identificar os rasgos básicos do mundo grego e da civilización romana e a importancia de ambos para a nosa civilización.
-Recoñecer a cultura castrexa como cultura prerromana, cos seus trazos característicos e a localización xeográfica e forma particular de ocupación do territorio.
-Valorar a organización política, económica e social do Imperio Romano na súa etapa de expansión, e a trascendencia da romanización de Galicia e España.