|
|
A
literatura galega floreceu na época medieval e caeu no
silencio durante os Séculos Escuros (XVI, XVII e XVIII).
Pero
durante todo este tempo a fala mantívose viva e o pobo
foi creando unha rica literatura popular que se mantivo ata
os nosos días. Diversos autores foron recollendo nos
nosos tempos estas creacións do pobo que nos van servir
para realizar esta pequena análise.
ESTUDIOS
FEITOS POR ALUMNAS
|

Resulta moi interesante analizar a presencia da muller nestas manifestacións
populares que nos deixaron os nosos devanceiros. Esta literatura reflicte,
como é lóxico, a vida das galegas no campo e na mariña,
non na cidade. A muller desempeñou sempre una papel moi importante
na nosa sociedade. A muller do mariñeiro gobernaba a casa mentres
o marido saía ao mar. A muller labrega tiña que levar
a casa e todas as tarefas propias da muller, pero ademais tiña
que saír axudar ao marido en moitas ocasións. Logo á
noite no fogar, el podía descansar, ela tiña que deixar
feitas todas as tarefas das mulleres. Se a muller quedaba viúva
debía gardar un rigoroso loito e sacar adiante os fillos; se
o home quedaba viúvo podía casar axiña e ter unha
muller na casa que educase os fillos.
A moza tiña que estar metida na casa, gardar recato, non ter
moitos mozos, obedecer sempre os pais. Era educada para ben casar. O
mozo debía saír, podía ter moita experiencia, tiña
máis liberdade, non era educado para casar. Aínda así,
aquí sempre houbo moita máis comprensión ca en
Castela coas nais solteiras e coas relacións prematrimoniais,
o que non quere dicir que non estivesen mal vistas.
Temos
pois que mirar se todo isto aparece na literatura popular.
Comezaremos vendo algo que se mantivo vivo na memoria da xente de xeración
en xeración: os
refráns. Con eles transmitíanse coñecementos
sobre a vida, os animais, o comportamento da natureza, as miserias e
ledicias da xente e moitos outros temas. Abondan os referidos á
muller.
Outra
faceta da literatura popular moi utilizada por pais e avós para
divertir e ensinar as novas xeracións foron os
contos populares. Tamén a muller está presente
en moitos deles. Escollemos tres para observarmos como se retrata a
figura da muller.
Logo
analizamos as
cantigas: facilitaban a memorización e eran un elemento
esencial nos momentos en que mozos e mozas se xuntaban en fiadeiros,
romarías, traballos, etc. Por iso nelas está máis
presente o amor e as relacións entre uns e outras.
Finalmente botamos man dunha lenda
popular para vermos se tamén aquí se mantén
a mesma visión da muller que no resto da literatura
popular.
A
literatura popular móstranos moi ben a visión da muller
na sociedade tradicional galega: valoración da muller-nai que
goberna a familia e se mantén na casa, sen ocupar o lugar do
home na sociedade.
SE
COÑECES TI ALGÚN TEXTO DA LITERATURA POPULAR NO QUE SE
MOSTRE ALGÚN ASPECTO DA VIDA DAS MULLERES, MÁNDANOLO OU
ENTRÉGAO NA BIBLIOTECA
SE QUERES SABER MÁIS
SOBRE:
AS MULLERES GALEGAS DE ONTE E DE HOXE: TRÁXICAS, VALENTES, TALENTOSAS,
INTELIXENTES, ABNEGADAS, AS MULLERES GALEGAS FORON E SON A COLUMNA DA
NOSA SOCIEDADE
http://www.geocities.com/galicianosa/mulleresgalegasdeonteehoxe.htm
|