Saltar navegación

A CDU simplificada

Coñecendo a CDU.

Clasificación Decimal Universal (CDU) é un sistema estandarizado polo que se distribúen todos os documentos relacionados co coñecemento humano en 10 categorías que, á súa vez, se van subdividindo noutras 10 categorías (e así sucesivamente), na medida en que se precisa maior concreción.

Para as bibliotecas escolares abonda sen embargo cunha versión menos complexa, o que chamamos unha CDU simplificada.

En Galicia dende hai anos traballamos coa versión da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, que agora se ve complementada cunha versión ilustrada por Óscar Villán, que fai máis doado atopar os documentos que necesitamos.

Vexámola!

    

Na categoría 0 temos as obras de carácter xeral,  como as enciclopedias, os dicionarios e os mapas. Tamén están nesta categoría os libros que falan de organización de Bibliotecas, catálogos de libros...

  

Na categoría do 1 atopamos os documentos relacionados coa filosofía, que é unha rama do saber que se adica ao estudo dunha variedade de problemas fundamentais como a existencia, o coñecemento, a verdade, a moralidade, a beleza, a mente e a linguaxe.

Dentro dela atopamos a Psicoloxía (15) que estuda o comportamento das persoas, e a Ética (17) que estuda o correcto ou errado do comportamento humano.

   A categoría 2 refírese ás Relixións. O Cristianismo ten un número a parte (26) e o resto de relixións e a mitoloxía agrúpanse nun apartado separado (29).

Na categoría 3 atopamos os documentos relacionados coas ciencias sociais, é dicir, todo o relacionado coa vida en sociedade (institucións, leis, ensino, comercio, tradicións...)

A categoría 5 contén todo o relacionado coas Ciencias Naturais. Aquí atoparemos seccións de Matemáticas, Física e Química. Tamén documentos sobre Astronomía, Bioloxía, Xeoloxía, Metereoloxía, Paleontoloxía... Estrelas, volcáns, ciclóns, prantas e animais son tratados neste apartado, ah, e libros dos dinosauros!

O número 6 resérvase para libros relacionados coa Tecnoloxía e os Inventos. Moi importante nesta categoría é a parte adicada a Medicina e ao Corpo Humano.

Tamén atopamos aquí temáticas relativas aos oficios, agricultura e gandeiría, economía doméstica, gastronomía...

A categoría máis artística é a número 7, xa que temos todas as artes reunidas aquí: Pintura, Escultura, Arquitectura, Música... e tamén Debuxo, Gravado, Fotografía, Cine, Manualidades, Tempo Libre, Xogos, Deportes. 
Na categoría número 8 se clasifica todo o relacionado coas linguas e a literatura. Aquí atoparas novelas, contos, cómics, mangas, álbumes ilustrados...
Por último, na categoría número 9 temos os libros que nos falan do pasado, das persoas e os seus feitos e da Xeografía.

Supoño que te decatarías de que non hai Categoría número 4.

Elixe ben a túa resposta!

Pregunta

Que temas podes atopar na Categoría 6?

Suxestión

Lembra que podes botar un ollo ao esquema de arriba!

Respostas

Corpo Humano

Animais

Filosofía

Arquitectura

Retroalimentación

Pregunta

Elixe a categoría na que incluirías un libro de Física.

Respostas

Retroalimentación

Pregunta

En que categoría da CDU podes atopar un libro de traballos manuais?

Respostas

Retroalimentación

Verdadeiro ou Mentireiro

Mira as imaxes de cada pregunta; son a cuberta dun libro e un número da CDU. Se che parece que o libro está ben clasificado preme en Verdadeiro. Se, pola contra, cres que nos equivocamos á hora da clasificación preme en Falso.

Pregunta 1

  

Suxestión

Fíxate ben no título do libro, dá unha pista moi importante!

Pregunta 2

  

Suxestión

O libro semella que non ten unha temática concreta, máis ben é unha obra de carácter xeral.

Pregunta 3

  

Suxestión

Este libro contanos unha historia inventada pola súa autora.

Pregunta 4

  

Suxestión

Non che parece que este será un libro informativo sobre a natureza? 

Pregunta 5

  

Suxestión

Fíxate que é un libro para facer cousas...

Escolle todas as respostas verdadeiras

Pregunta

Que libros entrarían na categoría 5

Respostas

Retroalimentación

Pregunta

Que libros entrarían na categoría 6 da CDU.

Respostas

Retroalimentación