Saltar navegación

Un contiño da CDU

Recoñecemento

Esta historia, que nos pode facilitar a aprendizaxe da CDU, aparece no blog "biblioabrazo" de Ana Nebreda Domínguez, bibliotecaria escolar e asesora do profesorado en Cáceres, e segundo nos relata a autora oíullo nunha conferencia a Conchi Jiménez, unha experta bibliotecaria.

Ao principio, todos os saberes estaban mesturados (0: Enciclopedias e Dicionarios)

Daquela os homes e mulleres puxéronse a pensar como artellar todos estes saberes (1: Filosofía, Psicoloxía)

Como lles pareceu que era moi complicado pedíronlle aos deuses que os axudasen (2: Relixións)
E decidiron que o primeiro era ver como se organizaban os seres humanos (3: Ciencias Sociais)
Despois, mirando ao seu redor, descubriron a Natureza  (5: Ciencias Naturais)
Collendo elementos que estaban na natureza puideron construír e fabricar cousas (6: Ciencias Aplicadas)
Para distraerse do traballo fíxolle falla tempo para divertirse, xogar, crear (7: Arte, Xogos, Deportes)
Inventou logo a escritura e aprendeu a ler e comunicarse (8: literatura)
Así foi como o home puido coñecer o mundo e o pasado (9: Xeografía e Historia)

A clase 4 adicouse, nun primeiro momento á lingüística, pero logo houbo unha reestruturación da CDU e ficou baleira, á espera de que se decida o seu contido.

Caixón Desastre

Ordea estes elementos de acordo coa orde da CDU

  • Xeneralidades
  • Filosofía
  • Relixión
  • Ciencias Sociais
  • Ciencias Naturais
  • Ciencias Aplicadas
  • Arte, Xogos, Deportes
  • Lingua e Literatura
  • Xeografía e Historia

Comprobar

Correcto!

Síntoo... a resposta correcta é: