Saltar navegación

Escornaboteando pola CDU

Que atoparás aquí?

Para afianzar o coñecemento das categorías da CDU poñemos aquí, á vosa disposición, un patrón para o Escornabot e un xogo de cartas con cubertas de libros.

Para xogar só tedes que seguir as seguintes instrucións:

  1. Botar ás sortes quen empeza a xogar
  2. Coller unha das cartas da baralla
  3. Dicir a que categoría da CDU pertence a ilustración da cuberta do libro que aparece na carta, argumentando por que o clasificamos nesa categoría. No caso de que a clasificación estea mal feita perdemos a quenda e pasa a xogar @ seguinte compañeir@
  4. Programar o Escornabot para que chegue ata o cadro coa icona desa categoría
  5. Se somos Escornaboteadores expertos podemos complicar este paso facendo que no seu camiño o Escornabot pase polas letras C, D e U do patrón.
  6. Se non nos trabucamos e o Escornabot chega ao lugar que dixemos repetimos a operación.
  7. No caso de que haxa algún erro, perdemos a quenda e pasa a xogar @ compañeir@ seguinte.

Así que xa sabedes, a escornabotear coma tol@s.