Saltar navegación

Carrapuchiña e a CDU

Que queremos acadar?

Con este xogo queremos que vos decatedes de que a necesidade de información é un feito cotián, que mesmo se desenvolve nos contos, e canto máis na nosa vida.

Tamén procuramos afianzar o dominio da clasificación da CDU, que é como ter clasificado todo o coñecemento do mundo.

E todo isto do xeito máis divertido posíbel.

A ver de o damos feito!

Carrapuchiña era unha nena que vivía moi feliz na súa casiña, á beira dun bosque.

Axudaba na casa nas tarefas que se lle pedía: muxía as vacas, estercaba a corte, facía recados...

Do outro lado do bosque vivía a súa avoa.

Pregunta

Pregunta

Para axudar na casa, que era unha casa labrega, Carrapuchiña tivo que aprender moitas cousas de agricultura, gandeiría e de economía doméstica.

En que categoría da biblioteca atoparía os libros que lle puideron ensinar sobre estes temas?

Respostas

Retroalimentación

Un día a súa nai díxolle:

-Carrapuchiña, lévalle esta cesta de comida á avoa, que anda moi ocupada e non lle deu tempo de preparar nada de comer.

Carrapuchiña, que por certo, así se chamaba porque sempre levaba unha carrapucha vermella que lle tecera a súa avoa, colleu a cesta que lle deu a súa nai e preparouse para marchar á casa da avoa.

-Ah, Carrapuchiña, que xa me esquecía. Vai con coidado, que seica hai xente que di que viron ao lobo polo bosque. Se o ves non lle fagas caso, que ese é un enredante e de seguro vaite querer ensarillar...

-Perde coidado que non lle hei facer caso -contestoulle a nena.

Pregunta

Pregunta

Carrapuchiña ten unha carrapucha tecida pola súa avoa, e leva o xantar nun cesto feito por un artesán, que son oficios (tecelá, cesteiro) tradicionais. En que categoría da CDU poderemos atopar información sobre estes oficios tradicionais.

Suxestión

Fíxate que non son simplemente oficios... son oficios tradicionais!

Respostas

Retroalimentación

E Carrapuchiña arramplou co que lle deu a súa nai e marchou toda contenta a facer a visita á casa da súa avoa.

Tan contenta ía que foi cantando unha canción que aprendera nunha romaría á que fora coa súa nai e a súa avoa e que falaba dunha tal Carolina que tiña unha saia cun becho, non sei certamente cal, pintado

E cantando cantando meteuse no bosque, e... a quen non adiviñades con quen se foi topar?

Exacto! co mesmiño señor Lobo que estaba descansando apoiado no toro dun carballo.

O lobo preguntoulle ollando para a cesta co xantar gorentoso que levaba a nena:

-Onde vas carrapuchiña?

-Vou á casa da miña avoa a lle levar o xantar.

O lobo comezou a pensar de que xeito podía facerse coa comida da cesta, e díxolle á nena:

-Moi ben, pois vai correndo que non se lle arrefríe.

E a nena marchou choutando ao coxipé, que é un xogo que aprendera dun libro que lle regalara a súa avoa.

O lobo pola súa banda, colleu un atallo e correndo a todo meter marchou á casa da avoa.

O lobo chegou axiña a casa da avoa e petou chamando pola avoa arremedando a voz da Carrapuchiña:

-Ábreme avoíña que che traio o xantar.

E a pobriña da avoa, sen decatarse do calote, abriu a porta.

Dalí a un rato chegou Carrapuchiña coa cesta do xantar, abriu a porta e foi ao dormitorio da avoa, e ao notala un tanto cambiada preguntoulle:

-Avoiña, e que ollos tan grandes tes!

-Son para verte mellor.

-Avoíña, e que orellas tan enormes tes!

-Son para oírte mellor.

-Avoíña, e que boca tan grandes tes!

-É para comer ese xantar tan rico que tes!

E así o lobo, saíndo da cama foi atrás de Carrapuchiña para lle quitar a cesta.

Menos mal que a avoa, que escapara do lobo meténdose no roupeiro, abriulle a porta e a nena se puido meter dentro antes de que o lobo lle puidese arrincar o cesto do xantar.

Pregunta

Pregunta

O roupeiro onde se agocharon Carrapuchiña e maila avoa estaba feito por un carpinteiro que coñecía ben o seu oficio, porque lera moitos libros sobre carpintaría.

En que categoría da CDU puido atopar estes libros o carpinteiro?

Respostas

Retroalimentación

A todo isto un cazador que pasaba por alí, ao oír os berros do lobo, adoecido por non poder coller a cesta, mirou pola fiestra e decidiu intervir.

Así que entrou na casa e apuntou coa súa escopeta cara ao esfameado do lobo e....

...este saíu correndo a toda mecha para outros lugares máis seguros.

-Este vai facer turissmo -dixo a avoa.

-Seguro que non para ata chegar a China -dixo a Carrapuchiña.

-Que ben cheira este xantar -dixo o cazador.

Carrapuchiña e a avoa miráronse de fite a fite, e botáronse a rir.

Estaba visto, hoxe ían ter que partillar o xantar.

Pregunta

Pregunta

O lobo seica marchou de turismo a China. Para iso debeu informarse das posibilidades de turismo dese país, e tamén informarse da súa situación xeográfica.

Así que debeu de consultar cando menos dúas categorías da CDU. Cales serán?

Respostas

Retroalimentación