Saltar navegación

A orixe da Clasificación Decimal Universal

Le este texto e reflexiona!

Imaxe da Biblioteca de Alexandría

Euro Mundo Global. A Biblioteca de Alexandría

A mediados do século III antes da nosa era, o imperio de Alexandre Magno desmembrouse e Exipto pasa a ser gobernado por un dos seus xenerais, Ptolomeo I, quen funda a Biblioteca de Alexandría. O seu fillo Ptolomeo II continuou coa consolidación da grande biblioteca.

Naqueles días a Alexandría chegaban barcos con mercadorías de todo o Mediterráneo, e entre elas cestos enormes ateigados de rolos de papiro (os libros daquela época) con volumes de todo tipo: obras de teatro, poemas épicos, tratados de filosofía, medicina, matemáticas, retórica... Tratábase de recompilar todo o coñecemento para constituír a maior e mellor biblioteca do mundo.

Pero ao cabo dun tempo os funcionarios do novo edificio víronse desbordados pola enorme cantidade de rolos que contiña, e axiña llo fixeron saber ao rei.

Daquela Prolomeo II mandou chamar a Zenodoto e encargoulle a organización da Biblioteca.

Zenodoto visitou o grandioso edificio da Biblioteca e decatouse do problema ao ver a centos de traballadores carrexando miles de cestas cheas de rolos de papiro dun lugar a outro, distribuíndoas segundo podían polas inmensas salas daquela obra xigantesca. Había centos de milleiros de rolos de papiro, se cadra máis dun millón. Ninguén sabía como ordenar aquilo, e ordenalo era a clave, pois unha biblioteca non valía nada polo mero feito de amorear miles de rolos se ninguén era quen de atopar un cando alguén quixera consultalo.

Zenodoto marchou para a súa casa pensando no traballo imposíbel que se lle encargara, e non durmiu en toda a noite ata que tivo un intre de iluminación.

Á mañá seguinte Zenodoto acudiu de novo á Biblioteca e subiuse a unha mesa en medio de todos aqueles rolos, e falou alto e claro aos traballadores da grande Biblioteca de Alexandría:

-Ordenaremos os rolos pola orde alfabética do seu autor!

Todos se miraron asombrados, pero aí estaba a chave. Ao cabo duns anos de traballo aquela inmensa biblioteca tivo os seus centenares de miles de rolos arquivados e localizables.

Resumido e traducido do libro de Santiago Posteguillo "La noche en que Frankestein leyó el Quijote"

Reflexiona sobre o que acabas de ler:

  • Que diferencia hai entre un almacén de libros e unha Biblioteca?
  • Que finalidade ten a clasificación nunha Biblioteca?
  • Quen fixo a primeira clasificación?
  • Pensa en usos actuais da ordenación alfabética.

As orixes da CDU

Retrato de Melvil Dewey
Wikicommons. Retrato de Melvil Dewey (CC0)

Na Galipedia, a versión galega da Wikipedia, dícese sobre a CDU:

A Clasificación Decimal Universal é un sistema de clasificación do coñecemento que nace da necesidade de ordenar e catalogar as obras nas bibliotecas.

Melvil Dewey, bibliotecario do Amherst Colleges en Massachusetts, Estados Unidos, creou en 1876 o Sistema de Clasificación Decimal de Dewey (CDD).

Este sistema foi adaptado por Paul Otlet e Henri A Fontaine e publicado por primeira vez en lingua francesa entre 1904 e 1907 co nome de Clasificación Decimal Universal.

Desde entón foi continuamente revisado e desenvolvido e demostrou ser un sistema moi flexíbel e efectivo para clasificar e ordenar fondos bibliográficos.

Baséase na ordenación do coñecemento a través de díxitos.

Reflexiona sobre esta definición:

  • Cal é a finalidade da CDU?
  • En que sistema de clasificación se basea a CDU?
  • A CDU é un sistema estático ou está en constante revisión?
  • Que elementos serven de base para a ordenación?

Canto aprendiches?

Lea o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

Foi Ptolomeo II o que encargou a a organización da Biblioteca de Alexandría e grazas a isto naceu o primeiro criterio de organización, o ordenamento .

Houbo que esperar ata o século XIX para que Melvil creara un sistema decimal para a catalogación das Bibliotecas.

Este sistema é a base da , que alén dun sistema de ordenamento das bibliotecas, é un sistema de clasificación do .

Habilitar JavaScript

Verdadeiro ou mentireiro

Di se as seguintes frases se corresponden cunha afirmación verdadeira ou falsa.

Pregunta 1

A biblioteca de Alexandría estaba ateigada de libros

Pregunta 2

A CDU é anterior á CDD

Pregunta 3

A CDU demostrou ser un sistema moi flexíbel e efectivo para clasificar e ordenar fondos bibliográficos.