AGUNSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Faltaban moi poucos anos para chegar á metade do século XX cando na Terra Chá luguesa naceu un neno ao que lle puxeron o nome de Agustín. Este neno que aprendeu moi logo a ler nas sombras da lareira e así gustar das historias contadas, a devorar os cómics que caían nas súas mans e ata "fochicar" nos libros que se atropelaban nos andeis da casa dos seus pais. 

Os seus estudios de Perito Industrial fai que pase varios anos na "Universidade Laboral" de Xixón, onde ten a oportunidade e o tempo de darse enchentes das historias e das viaxes pola imaxinación coa guía dos seus grandes amigos: os libros. É nestas terras onde Galicia se lle presenta como nun espello coa cara da saudade que alimenta a distancia. Cada vez que remataba unha carreira, esta lle servían para catapultarse a outra, e esta a outra. Así é Mestre de Ensino Primario, Licenciado en Ciencias da Educación e Diplomado en Lingua Galega.

O seu labor no ensino primario e secundario doulle un achegamento, xa maduro, ao mundo dos nenos que se reflicte nas súas narracións.

Agustín Fernandez Paz xa ten publicado unha morea de libros, colaboracións, artigos, materiais didácticos, etc que pola súa cualidade o fan ser referente da literatura infantil e xuvenil. El escribe en galego pero ten moitos dos seus libros traducidos  ao castelán, éuscaro, catalán...,  tal e como podemos ir comprobando no apartado de LIBROS.  A modo de exemplo Fuxida do mar (español, catalán, valenciá e euskara),  A escola dos piratas (español, catalán, valenciá, euskara, portugués e francés), ...

E dentro dos recoñecementos á súa labor temos os seguintes:

Varias veces formou parte das listas de honra de IBBY (1992 e 2001) e das mesmas lista de CCEU. No 2001 foi incluido no The White Ravens 2001 de la Internationale Jugenbibliotehk de Munich.

Ademais en múltiples artigo, entrevistas, citas e nas escolmas da literatura infantil e xuvenil galega deste século aparece dun xeito relevante, Agustín Fernández Paz; como mostra un botón:

A súa pegada quedou ao seu paso polo Gabinete de Estudios para a Reforma Educativa, da Consellería de Educación (1988-90), así como no seu traballo como Coordinador Docente de Galego (1990 a 1995).

É membro da Ponencia de Lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.  Pertenceu, como fundador, aos colectivos pedagóxicos "Avantar" e "Nova Escola Galega". Codirixe, tamén, a Colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil... Codirixiu, así mesmo, diversas series de materiais didácticos: Nobelos de Papel (para o ensino globalizado en galego no Ciclo Inicial), ¡Ámote, mundo! (para a Area de Experiencias) e as series de Lingua Galega, CANLES, LABIA e LINGUA E.S.O).

Así poderíamos seguir polos vieiros do seu amplo currículo como profesional do ensino, coma escritor e coma persoa.

 

Todo o alumnado de E Primaria do noso centro coñecemos e nos deleitamos coa obra de Agustín Fernández Paz, da que temos moitos dos seus libros na biblioteca. Tamén nós mercamos algúns para ter nas nosas casas e traballas con eles na clase de lingua: