copérnico: a terra non é o centro


Ata Copérnico, toda Europa pensaba que a Terra era o centroNicolás Copérnico do Universo. Ptolomeo foi o astrónomo que impulsou esta teoría, que facía circular aos astros por sete ceos distintos que rodeaban á Terra (de aí a expresión "estar no sétimo ceo", que era o ceo máis lonxano que ocupaban as estrelas).

Hoxe resulta case gracioso pensar que a Terra sexa o centro do Universo, pero o certo é que é o que doadamente pensariamos a meirande parte de nós con só ollar para o ceo e sen coñecer outras teorías. O único que escapa á unha explicación xeocéntrica (isto é, que a Terra sexa o centro do Universo) é o movemento retrógrado dalgúns planetas, en especial de Marte.

Sistema ptolemaico de Epiciclos

Ptolomeo explicaba este comportamento de Marte e dos outros planetas exteriores mediante cunha complexa teoría na que se introducían epiciclos e deferentes para tratar de facer encaixar o movemento retrógrado dentro da teoría xeocéntrica.

Pero por fin chegou Copérnico e quitounos dese lugar de honra en que as teorías de Ptolomeo situaban ao noso planeta para situar nel ao Sol. Grazas a este cambio a un modelo heliocéntrico (isto é que o Sol ocupa o centro do sistema solar) podíase prever a posición de cada un dos corpos celestes con moita máis fiabilidade do que coa anterior teoría.

E o máis importante, Copérnico ensinounos a non dar por certas as teorías máis asentadas pola tradición e submeter todo á crítica da razón e da observazón científica.



Máis información sobre Copérnico en:
O modelo Heliocéntrico de Copérnico

Museo Virtual

Revista Espacial

AstronoMía

Galipedia

Enciclopedia Encarta

Astrónomos