Newton: a gravitación universal

A imaxe de Newton case sempre vai acompañada dunha mazá. Disque que a idea para a súa teoría da gravitación universal veulle ao mirar cair unha mazá da pola dunha maceira á sombra da que el repousaba. Non pasa de ser unha lenda, aínda que bonita...
Con mazá ou sen mazá, coa Lei da Gravitación Universal, Newton explicaba as tres leis de Kepler e descubría a
enerxía que mantiña harmónicas as órbitas
dos planetas.
Newton tamén estudiou a luz,
traballou o cálculo e construiu un telescopio reflector (que
utiliza un espello) co que acada a mesma resolución que un
refractor (que usa lentes) con moita menos lonxitude ao tempo que consigue eliminar as
aberracións cromáticas abrindo, deste xeito, a posibilidade de aumentaras descubertas astronómicas.
Para saber máis de Newton:
