Eratóstones de cirene: a medida da terra


Eratóstones de Cirene

Cando vivía Eratóstones, a maioría da xente coidaba que a terra era como unha plataforma chaira, e só os sabios maxinaban que poidese ser unha esfera. 

Eratóstenes, que era un deses sabios, oiu  un día  que no solsticio de verán, en Siena, unha poboación preto da actual Assuán, o sol caía tan vertical que se podía ver a auga no fondo dos pozos e os monolitos non facían sombra no chan.

Esto tamén o oíron outras persoas, pero só Eratóstones decidiu experimentar con este dato, así que chantou un pao vertical no chan (un GNOMON) e examinou a sombra que proxectaba contra do chan no solsticio de verán na cidade na que vivía: Alexandría.

Cando comprobou que sí había sombra, el razonou que non se podía deber aos raios do sol, porque ao vir de tan lonxe, necesariamente tiñan que ser paralelos, polo tanto, a razón da sombra só podía ser debida a que a terra estaba curvada.

Daquela determinou que sector circular supuña a distancia entre Siena e Alexandría, e, coñecendo a distancia aproximada entre as dúas cidades, calculou a circunferencia total da terra.

Eratóstones non podía saber que a Terra non era perfectamente circular e que estaba achatada polos polos, tampouco podía coñecer con exactitude a distancia entre Siena e Alexandría e mesmo non puido comprobar que a historia da falta de sombra non era certa ao 100% (Siena non está exactamente situada no trópico de Cancer onde si sucede o da falta de sombra); con todo o seu cálculo da circunferencia terrestre foi moi aproximado da realidade.

Eratóstones era un gran sabio.

Modelo do cálculo de Eratóstenes da circunferencia terrestre

Máis información sobre Eratóstones de Cirene en:

Galipedia
Wikipedia
AstronoMía
Ciencia Recreativa
Astronomía Dao
Biografías y vidas
Enciclopedia Encarta
Planeta Sedna

Astrónomos