galileo e as lúas de xúpiter
Galileo non inventou o telescopio refractor (que usa lentes), pero si foi o seu perfeccionador e dos primeiros que o enfocaron cara ao ceo para aprender algo máis sobre o Universo.

Entre outras cousas Galileo descubriu as 4 lúas maiores de Xúpiter, descubriu as fases de Venus e as manchas solares e as montañas da lúa, descubriu que a Vía Láctea estaba composta de milleiros e milleiros de estrelas... Todos estes descubrimentos enfontábanse decididamente contra da teoría xeocéntrica que defendía a Igrexa Católica.

Como resultado desta procura do coñecemento foi a persecución e a tortura, a reclusión e o silenzo ao que a Inquisición condeou a Galileo.
Epur si muove (Sin embargo, móvese!) dice a lenda que foron as palabras que dixo Galileo cando tivo que retractarse das súas conclusións científicas baixo a ameaza da intolerancia relixiosa.

Máis Información sobre Galileo: