hubble: o universo en expansión


Ata que Edwin P. Hubble enfocou o telescopio de Monte Wilson cara Andrómeda, universo e galaxia eran palabras sinónimas. 

Os astrofísicos pensaban que todo o que podiamos observar no ceo eran partes da nosa Galaxia, a VÍa Láctea, que era o Universo enteiro. Hubble sin embargo puido observar estrelas na nebulosa de Andrómeda e mesmo puido enxergar a distancia á que se atopaba (800.000 anos luz), co que quedaba claro que era outro universo-illa similar á nosa propia galaxia. 

Hubble

Pero non contento con eso Hubble seguiu investigando e descubriu que case todas as galaxias amosaban un desprazamento do espectro cara ao vermello, maior canto máis lonxe de nós estivesen. Isto só tiña unha explicación, o Universo non era estático, senón que se estaba expandindo.

O telescopio espacial Hubble, que tantas imaxes e informacións valiosísimas para a comprensión do ceo profundo nos ten dado, rinde homaxe co seu nome a este importantísimo astrónomo.

O Grupo Local de Galaxias

Máis información sobre Hubble:

Galipedia

Wikipedia

Astrocosmo

AstronoMía

Biografías y Vida

Enciclopedia Encarta

Astrónomos