Páxinas

DISTINTOS TIPOS DE CEREAIS


Espiga de centeo

Normalmente cando imos á panadaría e mercamos unha barra de pan, dánola de pantrigo, isto é, pan feito dun cereal chamado trigo.

Isto non foi sempre así; Non hai moitos anos que en Galicia a meirande parte do pan facíase doutro cereal chamado centeo. Tanto era así que ás terras que cultivaban centeao chamábanlle as terras do Pan, como sucede na comarca de Oencia (galega en lingua e cultura aínda que administrativamente dependa de Castela-León) onde existe o monte o Seixón do Pan, polo cultivo nel de centeo.

millo

Aínda había pan feito con outros cereais como o millo, que recibe o nome de boroa ou broa.

Así que o primeiro que teremos que facer é documentarnos sobre:

  1. que é un cereal 
  2. distintos tipos de cereais
  • Nome en galego e en castelán
  • características de cada cereal
  • lugares do mundo do que proceden e nos que se cultivan

Alomenos deberiamos estudar os seguintes tipos de cereais: Trigo, centeo, millo (maínzo, coidado), arroz e sorgo.

Recordade as características técnicas que deberá ter o traballo escrito e o cartel.

Os recursos que poderedes usar na rede para documentarvos sobre os cereais son:

Recursos Bibliográficos:

Leiro Lois, Adela«ZZ0097228»
    o Pan // por  Adela Leiro Lois, Mon Daporta Padín. --Vigo
    :Promocións Culturais Galegas, 2003. --63 p. : : fot.; ; 23 
    cm. -- (Enciclopedia Temática Ilustrada; 4) A Nosa Terra
    DL VG 193-2003. -- ISBN 84-95350-56-4
     1. Agricultura
    63

Temas