Páxinas

DOCUMENTACIÓN


Espiga de trigo

Tal e como dixemos na páxina anterior, imos reconducir a cada grupo aos lugares onde poderán atopar a información  para a realización do seu traballo de procura documental.

Recordaredes que temos  5 grupos de traballo, o grupo que traballará sobre os cereais, outro grupo que afondará no proceso de cultivo dos mesmos, un terceiro grupo que estudará o pan e o seu proceso de elaboración, un cuarto grupo que  procurará informacións sobre as construccións tradicionais relacionadas cos traballos do pan, e un quinto e último grupo que estudará as distintas formas que adopta o pan nas diferentes culturas do mundo.

pan

Tamén hai un glosario no que aparecerán os termos novos que, relacionados co pan, necesitarán unha definición. Cada grupo visitará a páxina do glosario, e seleccionará as palabras que lle correspondan ao seu tema.
 


Temas