Páxinas

O CULTIVO DOS CEREAIS


Espiga de trigo

Dende o tempo dos exipcios, como podemos ver na imaxe que acompaña a este texto, o cultivo dos cereais é básico no tocante a satisfacer as necesidades do home na alimentación.

O traballo dos cereais depende moito das súas características propias, o que conleva un tratamento específico para cada un deles; algúns, como por exemplo o arroz, teñen características moi diferenciadas do resto dos cereais  que traballamos.

pan

Ímonos centrar no proceso do centeo ou o trigo, que eran os cereais máis prantados en Galicia.

Dentro destes traballos, destacan a seitura ou sega, que levaba a moitos galegos a traballar ás terras cerealísticas de Castela, a malla, e o moído do gran para a  producción de fariña.

Botádelle unha ollada a este vídeo sobre o traballo da malla feito en Tremiñá un pobo do Concello do Barco.

Para cada un dos apartados deberedes estudiar e presentar no escrito que presentedes:

  • En que consiste ou que función ten o traballo
  • A época do ano na que se realizaba
  • En que lugar se facía
  • Ferramentas e trebellos empregados
Os recursos web que podedes consultar son:. Os recursos bibliográficos da nosa biblioteca para este tema:

Lorenzo Fernández, Xaquín, 1907-1989
    A terra. --Vigo :Galaxia, 1982. --335 p., 2 h. : il.; 18 cm.
    -- (Biblioteca Básica de Cultura Galega; 12)
    DL VG 283-1982. -- ISBN 84-7154-407-5
     394





Temas