PROCESO!!!
Para
realizarmos este traballo de investigación teremos que
dividirnos en grupos de 3 ou 4 compañeir@s da clase e elixir
un
dos temas en que o imos dividir: Estes temas, aos que poderás acceder dende a páxina de Documentación, ou dende o apartado de Temas son os seguintes:
- Os cereais e os seus tipos,
- os traballos de cultivo dos cereais,
- o pan e a súa elaboración,
- as construcións tradicionais relacionadas co pan,
- os distintos panes que se elaboran polo mundo adiante.
Logo teremos que ir recollendo a información de alomenos 3 fontes distintas para a elaboración do noso traballo. Tomaremos as notas nun caderno cos datos que pensemos que son de importancia para a elaboración do traballo. Eliminaremos as informacións repetidas e aquelas que non teñan especial interés.
Logo teremos que darlle forma; Para iso teremos que ter en conta distintos elementos que necesariamente aparecerán no noso traballo:- Portada, co título e os autores do traballo;
- Índice no que se indiquen as partes nas que se estruturará o noso proxecto; Cando elabores o índice consulta co profesor/a para que che dea o seu parecer.
- O desenvolvemento de cada unha das partes; Primeiro farás un borrador a man, e cando estea corrixido pol@ mestre poderás pasalo a limpo no ordenador.
- Un glosario co significado das palabras "raras" que aparezan no texto;
- Un apéndice de Bibliografía e fontes nos que faremos constar de que libros ou recursos web sacamos a información para facer o traballo.
Tamén
elaboraremos un cartel
no que se exporán dun xeito resumido e
acompañados de imaxes todo o que temos aprendido sobre o
tema
elixido. Cos carteis de todos os grupos faremos unha
exposición
para explicar a todo o colexio todo o que aprendemos sobre o pan, e
vós teredes que explicar a vosa parte do traballo.No traballo escrito e no cartel coidaremos deixar marxes a dereita e esquerda, arriba e abaixo. Procuraremos que a letra sexa clara e que non haxa borróns.