PRINCIPAL
O NOSO COLEXIO
Quen somos
Onde estamos
Horario
Servizos
Instalacións
Aulas
NOTICIAS
RECANTO CREATIVO
O Trasno
Plis-plas
As Chans
| Proxecto
2004/05
| Proxecto
2006/07
| Proxecto
2007/08
Violeta
A Xanela
Pandereteiras
ANPA
VIAXA NA REDE
MAPA DA WEB
CRÉDITOS |

Nas Chans hai vida: 'ven a descubrila'
Curso 2006/07
Actividades conxuntas
Aforramos papel. Facemos fotocopias polos dous lados
Separamos para reciclar: papel, plásticos, etc.
Separamo-lo lixo do comedor.
Reciclamo-lo aceite da fritideira
Expoñemos traballos de reciclaxe ou relacionados
coa natureza
Actividades por cursos
Educación Infantil
Facemos obxectos con materiais de reciclado
Colaboramos no horto de abaixo
Proxectos relacionados coa natureza
Primeiro
Potenciamo-la recollida das pilas (os venres)
Fecemo-los sementeiros
Prantamos árbores no xardín
Segundo
Facémo-lo xabón co aceite da fritideira do
comedor.
Prantamos árbores no xardín.
Terceiro
Horto de abaixo
As prantas aromáticas.

Cuarto
Mural das árbores.
Horto de abaixo.
Quinto
Recollemos novas ecolóxicas da prensa
Facemos un diccionario ecolóxico.
Sexto
Auga das fontes de Bembrive. Análise. Rotulación
Colaboramos coa Entidade Local Menor de Bembrive no coidado
e limpeza do sendeiro do río Eifonso.
Visitamos e coñecemos-los muíños
A experiencia
No C.E.I.P de Chans-Bembrive (Vigo) seguimos traballando, un ano
máis, con ilusión e constancia para conseguir obxectivos
que teñen cabida dentro do plan ideolóxico do noso
centro.
Un destes obxectivos é sensibilizar á comunidade
escolar e fomentar actituades e conductas positivas e respetuosas
cara o medio natural que nos rodea: creando un ambiente favorable,
aproveitando a nosa localización xeográfica, para
levar a cabo actividades que axuden nesta tarefa.
Un ano máis participamos no concurso de Voz Natura ao longo
do curso 2006/07 para dar continuidade aos proxectos iniciados
nos cursos pasados, nos que algunhas das actividades quedaron
sen rematar (por falta de tempo) e o alumnado, cheo de ilusión,
desexa levar a cabo novas experiencias que rachen coa rutina escolar
e ao mesmo tempo potencien o coñecemento e o coidado do
medio natural que nos rodea.
Comezamos a nosa nova andaina:
outubro 2006

O primeiro paso foi presentar (por parte do coordinador/a) o programa
de actividades que se consideraban oportunas para acadar os obxectivos
programados. Neste momento, fixáronse datas concretas e
outras aproximadas para levar a cabo as actividades
E, sobre
todo, creouse un ambiente faborable e receptivo a esta nova experiencia.
Ao longo do curso sería preciso modificar ou introducir
novas datas na realización das actividades; por mor do
tempo, da dependencia doutras persoas ou entidades
pero
todo se foi resolvendo favorablemente.
A entrada da escola foi o punto de referencia para todo os nenos
e nenas do colexio. E alí estiveron expostos os murais
que anunciaban a nova convocatoria de Voz Natura, a mesa cos colectores
para a recollida das pilas asi como diferentes murais que se foron
variando ao longo do curso . No resto da escola (nos pasillos
sobre todo) ían aparecendo novas mensaxes, en forma de
murais, ante os cales o alumnado se paraba para ler e comentar.
Deste xeito transversal foron aparecendo valores de: solidariedade,
respecto, pracer e disfrute natural
tamén xorden
datos sobre a flora e fauna da zona, da auga, dos manaciais e
lavadoiros
datos xeográficos do río Eifonso,
do monte do Pouso, da Carballeira de San. Cibrán, do Monte
Galiñeiro e datos de investigación e asesoramento
sobre a deforestación causada sobre todo polo lume.
Hai que mencionar a colaboración por parte dos pais e nais
do noso alumnado, de persoas próximas a escola, da Entidade
Local Menor de Bembrive, do Concello de Vigo (Laboratorio Municipal),
o Colectivo Galego de Montaña,
que facilitaron en
moitos casos a tarefa da escola. Colaboración que se reflectiu
por exemplo no maior coñecemento das árbores do
noso xardín (que son moitas), na recollida de pilas, no
horto, na reciclaxe, no coñecemento das augas, do Monte
Galiñeiro
Tamén destacamos o feito de que a prensa (La Voz de Galicia)
fixose eco do noso proxecto dando conta do desenvolvemento do
mesmo e do noso entusiasmo, o memo tempo que avanza algunhas das
novedades que se levarían a cabo ao longo do curso.
No inicio do curso repartíronse, a igual que no curso pasado,
axendas escolares a todos os nenos e nenas desde 2º ata 6º.
Estas axendas, elaboradas totalmente en papel reciclado, levan
no seu interior mensaxes ecolóxicas e viaxaron ao longo
de todo o curso nas mochilas do alumnado servindo como medio de
comunicación entre o profesorado e os pais e nais dos alumnos
e alumnas.
E así, pouco a pouco pero con moita ilusión, foise
levando a cabo esta experiencia da que nos sentimos moi orgullosos
e orgullosas e que fai que vexamos o noso futuro con máis
optimismo posto que estas novas xeneracións de nenos e
nenas estanse formando nun medio natural fermoso e concienciándose
da importancia que ten a súa conservación e esto
faraos responsables nos seus futuros traballos.
Para
rematar, dicir que os nenos e nenas seguen demandando a continuidade
destes proxectos polo interés que neles e nelas suscita.
Mestres e mestras estamos tamén interesados na súa
continuidade .
Actividades desenvolvidas
Ao longo de todo o curso leváronse a cabo variadísimas
actividades para o desenvolvemento do noso proxecto das que damos
conta neste resume que ademais ilustramos con algunhas fotografías
que recollen momentos inolvidables para o alumnado.
Actividades dentro do recinto
escolar
1.- Os froitos do Outono
A primeira experiencia que tiveron os alumnos e alumnas, foi poder
coñece-los froitos do outono gracias a unha exposición
que se fixo na entrada da escola ao longo do mes de outubro. Figos,
castañas, marmelos, mazás, uvas, feixoas
fixeron
as delicias dos cativos e cativas que mesmo estaban tentados a
comelos. Esta exposición levouse a cabo coa colaboración
dos nenos e nenas de infantil e de quinto de primaria.
2.-O Magosto
O magosto foi a seguinte actividade na que participaron todos
os nenos e nenas da escola en colaboración co profesorado.
Nun recinto próximo o colexio preparáronse as correspondentes
fogueiras (unha por nivel) onde pouco a pouco e coa colaboración
de todos e todas se foron asando as castañas e os chourizos
que despois do seu reparto degustamos con grande pracer.
3.- Separar para Reciclar no Comedor
Dado que o colexio conta cos colectores apropiados para a reciclaxe,
tamén no comedor se seguen separando: bricks, latas, envases
de plástico materiais orgánicos
en diferentes
cubos de lixo despois da comida (tarefa que fai cada neno/nena).
Despois, por grupos, nenos e nenas de 6º son encargados e
encargadas de levar aos colectores, colocados fora do recinto
escolar, os diferentes materiais separados.
4.- Separamos para Reciclar nas Aulas
En cada aula, coa axuda de caixas, fixéronse "pequenos
colectores" para poder separar o papel do plástico
e envases (iogures), briks (de zumes ou do leite)
e así
todos e todas colaboramos.

5.- Unímonos contra o lume
Nenos e nenas de primaria tiveron a oportunidade de ver os devastadores
efectos do lumen e a degradación dos montes que causan
os incendios grazas as imaxes que a través de ordenador
poideron ver, o mesmo tempo que un experto monitor lles ía
explicando, motivos e causas que podias orixinar os incendios,
teléfonos de emerxencia os que chamar, que facer en caso
de ser sorprendidos polo lume
etc.
Non faltaron nestas charlas, roupas e diferentes utensilios con
que os bombeiros loitan no monte contra o lume, os cales os nenos
e nenas poideron ver e tocar, para familiarizarse con eles.
6.- As Letras Galegas
Con motivo da Semana das Letras Galegas que celebraremos na escola
en maio, o Equipo de Normalización Ligüística
quixo unirse a Voz Natura e convocou, para todos os niveis educativos,
un concurso co lema RESPIRO EN GALEGO, no que cada neno e nena
diseña unha pegatina, para elexir, logo, a mellor que se
mandará imprimir para toda a escola.
Suliñar tamén que o lema das letras galegas que
se elexiu no colexio fai referencia a natureza. O noso eslogan
será: GALICIA VERDE.
Este mesmo equipo quixo relacionar tamén os textos literarios
dos nosos poetas e poetisas coa natureza e para iso os nenos e
nenas de todo o colexio recolleron follas das diferentes árbores
do xardín, que puxeron a secar, para logo facer un gran
mural en forma de árbore, coas follas e o texto literario
escrito debaixo, facendo referencia a NOSA GALICIA VERDE.
Ademais destas actividades desenvoltas por todo o alumando, levaronse
a cabo moitas e variadas actividades de aula: semente de prantas
aromáticas, charlas sobre a deforestación, murais,
semilleiros de árbores autóctonas, coidado de horto
escolar...
As Chans:
fonte de vida (curso 2004/05)
Nas
Chans hai vida: ven a descubrila (curso 2006/07)
Reciclamos
hoxe, pensamos no futuro (curso 2007/08
|