PRINCIPAL

O NOSO COLEXIO
Quen somos
Onde estamos
Horario
Servizos
Instalacións
Aulas

NOTICIAS

RECANTO CREATIVO
O Trasno
• Plis-plas
As Chans
  | Proxecto 2004/05
  | Proxecto 2006/07
  | Proxecto 2007/08
Violeta
A Xanela
• Pandereteiras

ANPA

VIAXA NA REDE

MAPA DA WEB

CRÉDITOS


Reciclando hoxe, pensamos no futuro

Curso 2007/08



O proxecto "Reciclando hoxe, pensamos no futuro" que desenvolveremos no CEIP de Chans Bembrive ao longo do curso 2007/08 pretende dar continuidade a tódalas "pequenas" intervencións ecolóxicas que se fixeron na nosa escola en cursos anteriores.

Obxectivos:

• Concienciar (seguindo na mesma liña de actuación) a toda a comunidade educativa na recollida, selección, redución, reutilización, e reciclado de residuos que xeneramos.

• Achegar ao alumnado ao seu contorno natural para un maior coñecemento, valoración e respecto medioambiental.

Recollida e selección de residuos:

• Temos colectores de residuos orgánicos, de papel e cartón, plástico a carón da escola.

• Pretendemos seguir recollendo pilas.

• Recollemos o papel e o cartón das aulas.

• Contaremos co colector de recollida dos cartuchos de tinta e tóner.

• Facilitarémo-lo teléfono de Medio Ambiente para a recollida de aceites nas comunidades de veciños.

• Achegarémonos a recollida e reciclado de materiais de construción.

• Seleccionámos os residuos do comedor escolar

Redución de residuos:

• Tomaremos conciencia da importancia de reduci-lo consumo de papel, de usar bolsas e envases reutilizables...

Reutilización de materiais:

• Documentarémonos sobre as posibilidades de reutilización de materiais no ámbito escolar, por exemplo nas clases de plástica, nas labores do horto, na plantación...

Reciclado de residuos:

• Pretendemos poñer a funcionar un pequeno obradoiro de reciclado de aceite vexetal (xenerado na cociña do comedor escolar) e de papel.




As Chans: fonte de vida (curso 2004/05)
Nas Chans hai vida: ven a descubrila (curso 2006/07)
Reciclamos hoxe, pensamos no futuro (curso 2007/08


subir