CEIP SOBRADA
Magosto















 

Magosto Entroido Xornadas culturais

No outono celebramos esta festa de tradición popular no Parque Natural do Monte Aloia  onde os nenos e nenas en pleno contacto coa natureza, aprenden a coidar o entorno cumprindo normas implícitas de respecto (uso de sendeiros, non tirar lixo, facer lume nas zonas indicadas...), e traballando sobre as diversas especies vexetais que podemos atopar no monte. Convértese así o monte no lugar idóneo para celebrar unha festa de grande raigame popular que nos permite integrar a castaña dentro da nosa alimentación .

Para acadar estes obxectivos deseñamos algunhas destas actividades

Actividades no Monte Aloia:

  • Rutas botánicas e sendeirismo
  • Asado das castañas.
  • Xogos tradicionais.
  • Visita a Casa Forestal onde están programadas diversas actividades relacionadas co Parque a través de xogos de discriminación auditiva, táctil e visual; proxección dun vídeo referente ó Parque...

Actividades no centro:

  • A nivel creativo: confección de contos, comics, mural conxunto coa participación de todos os ciclos.
  • Confección de distintivos que dan unidade ó grupo: brazaletes, diademas, gorros que posteriormente levan o día do magosto ó Monte.
  • Preparación e degustación, no taller de cociña, dalgunha receita que teña como base a castaña.
  • Elaboración de murais e traballos a partir dos recursos naturais que nos proporciona ó monte (follas...).
3ºciclo_arbores.jpg (114507 bytes) magosto0401.jpg (104500 bytes) magosto0402.jpg (214758 bytes)
Mostra dalgúns traballos sobre as árbores Mural feito con colaboración de todos os ciclos Mural con castañas personificadas