|
| |
Unha das actividades esperada con máis ilusión polos nenos e nenas é a
celebración do ENTROIDO que se convirte nunha das manifestacións culturais con
máis tradición no noso centro. É tamén a actividade que,
posteriormente, se convirte na referencia máis significativa do
tema transversal ó que alude.
TEMA
O tema transversal traballado en cada curso determina a elección dos
distintos disfraces e a formación das comparsas:
- "EDUCACIÓN PARA O TEMPO LIBRE": os disfraces fixeron
alusión ós xogos de mesa baixo o lema " O tempo de ocio compartido é
máis divertido".
- "EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE
SEXOS": representamos a igualdade nos oficios entre os homes e as
mulleres. As comparsas desfilaron baixo o lema: "tódalas persoas
podemos ser.. (carpinteiros/as, mecánicos/a..)". ·
- "EDUCACIÓN MEDIO-AMBIENTAL" :A natureza foi a protagonista e o lema: " Coida
a natureza, é a túa herdanza" presidiu o desfile. As comparsas
representaron diferentes elementos da nosa natureza e os seus defensores.
- "EDUCACIÓN PARA A PAZ E A TOLERANCIA" ( conmemoración relacionada co ano
declarado pola UNESCO como diálogo entre as civilizacións para fomentala
paz e a igualdade entre tódolos seres humanos e "razas do
mundo"): As comparsas representaban mexicanos, chinos, africanos e
indios.
- "EDUCACIÓN VIAL" : O desfile foi de semáforos e
sinais de tráfico.
OUTRAS
ACTIVIDADES
Previo ó desfile lévanse a cabo outras actividades en
relación co entroido como:
- Organización dos grupos para a confección
dos disfraces de xeito artesanal e organización das comparsas especialmente
cando éstas están formadas por nenos e nenas de diferentes ciclos, oU cando
as comparsas se complementan entre sí Preparación do Meco que a través das ordes( unhas
veces disparatadas, simpaticas ou orixinais) invítanos a vir dun xeito
determinado ó centro permitindo ós nenos e familias amosar a súa
orixinalidade nos días previos ó desfile anunciando a chegada do entroido.
- Confección dunha pancarta conxunta na que cada grupo aporta algo
relacionado co seu disfraz sempre baixo un lema común.
- Preparación, a cargo dos alumnos/as do 3º ciclo, do
XUIZO, TESTAMENTO e LADAÍÑAS que se leerán e rezarán o día da
celebración do entroido.
- Desfile de comparsas polas proximidades do
centro.
|